venres, 15 de marzo de 2013

Bolsas prácticas para estudiantes


Bolsas para realizar prácticas profesionais destinadas a estudantes de Arquitectura e novos arquitectos

Requisitos:
Ter superado, nalgunha Escola Española de Arquitectura, como mínimo, o 60% dos créditos necesarios para obter o título de arquitecto ou Estar matriculado no curso 2012/2013 nalgunha Escola Española de Arquitectura.
A data límite de admisión de inscricións e do material requirido a concurso é o día martes 30 de abril de 2013. Máis información

Bolsas de verán en astrofísica para estudantes

Requisitos: 
Estudantes universitarios de titulacións superiores ou de ciclo longo e de grao (preferentemente de Física ou Matemáticas con orientación Astrofísica) que no momento da presentación de instancias estean a cursar algún dos dous últimos cursos da súa titulación e superasen, polo menos, 180 créditos da titulación superior que presenten a baremación. Exclúense os estudos de Máster.
Duración: do 1 de xullo a 15 de setembro de 2013.A dotación da bolsa é de 700 € máis unha axuda de viaxe.
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 15 de abril de 2013
Máis información 

Ningún comentario:

Publicar un comentario