xoves, 28 de novembro de 2019

Praza de orientador/a laboral en Boiro

O Concello de Boiro convoca proceso selectivo dun/ha prospector/a e dun/ha orientador/a laboral (persoal laboral temporal a xornada completa).O Concello de Boiro convoca proceso selectivo dun/ha prospector/a e dun/ha orientador/a laboral (persoal laboral temporal a xornada completa).A presentación de solicitudes realizarase no Rexistro Xeral do Concello de Boiro durante o prazo de cinco días hábiles a contar dende o día seguinte a esta publicación de anuncio de convocatoria no xornal “La Voz de Galicia”.Tanto as bases como a instancia de solicitude desta convocatoria están a disposición dos interesados na Portería da Casa Consistorial e nesta páxina web.
Fin de prazo de presentación de instancias o 04/12/2019.

Máis info na web do Concello de Boiro

luns, 25 de novembro de 2019

Este mércores en Boiro


Este mércores 27 de novembro no Centro Social de Boiro de 17h a 19.30h obradoiro "visibilizando as devanceiras"

Inscricións no CIM do Concello de Boiro

xoves, 21 de novembro de 2019

Curso de monitor de tempo libre

A Escola de Tempo Libre Nordesía de Scouts de Galicia -ECG ubicada en Santiago de Compostela convoca un novo Curso de monitor/a de tempo libre para as fins de semana de decembro a febreiro.
O curso consta de 200 horas teóricas. Será necesario superar 150 horas de práctica unha vez realizada a parte teórica para poder obter a titulación.
Títulación homologada pola Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.

Requisitos

  • Ter cumplidos os 18 anos ao inicio do curso
  • Ter rematada a Ensinanza Secundaria Obrigatoria


Datas da fase teórica

  • Decembro: 14, 15, 26, 27, 28, 29 e 30
  • Xaneiro: 2, 3, 4, 5, 25 e 26
  • Febreiro: 1, 2, 8, 9, 15, 16 e 22


Horarios

  • De 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00


Matrícula

A inscrición no curso pódese facer:
  1. Entrando na nosa web  https://scoutsgalicia.org/ na noticia do Curso de Monitores e cubrindo o formulario que aparece facendo click no botón “Inscríbete”.
  2. Achegándose á ETL Nordesía no Centro Scout Abeiro, Lugar Xulacasa 296, Figueiras (de par da igrexa parroquial)

xoves, 7 de novembro de 2019

Becas iEduex 2020 para estudiantes

Becas para o Programa Oficial de Intercambio aos Estados unidos dirixidas a estudiantes con bo expediente académico interesados en estudiar 4º de ESO, 1º o 2º de Bacharelato en Estados Unidos aloxándose nunha familia americana voluntaria,