mércores, 30 de abril de 2014

Para comezar maio

Algunhas das programacións culturais para o primeiro do maio..


Cursos de idiomas no estranxeiro

Queres aprender ou perfeccionar un idioma, coñecer novos países e culturas e sobre todo mellorar a túa formación de cara ao mundo laboral?


A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración cos organismos de xuventude das comunidades autónomas de A Rioxa, Andalucía, Canarias, Castela e León, Cidade Autónoma de Ceuta, Estremadura, Illas Baleares, Madrid, Murcia, Navarra e Valencia, pon en marcha o programa de CURSOS DE IDIOMAS NO ESTRANXEIRO 2014.

Da idea á acción


martes, 29 de abril de 2014

XXVII Certame "Mozos Investigadores"

Para estudantes de ESO, Bachillerato e FP. Podes apuntarte ata o 13 de maio!
http://bit.ly/1rp0rRc

Programación de maio

Este maio é unha tolería..

Becas de mobilidade xuvenil ARGO

A Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades convoca o programa de bolsas ARGO dirixido a fomentar a mobilidade dos titulados universitarios, mediante unha estanza de formación en empresas de Europa, Estados Unidos, Canadá e en empresas españolas e multinacionais radicadas en Asia e Oceanía.

O número mínimo de axudas a conceder será de 600 e a duración das estanzas será de entre 5 e 8 meses.

As prácticas deberán realizarse en empresas ou entidades de ámbito internacional que actuarán como empresas de acollida e que, debidamente rexistradas no programa, realicen unha oferta para que os titulados poidan realizar unha estanza formativa con sede nalgún dos países integrados no Programa ARGO.
Requisitos:
Poderán solicitar estas axudas todos os titulados universitarios, españois e estranxeiros menores de 35 anos, con residencia legal en España e que obtivesen nos tres últimos anos unha titulación oficial nunha universidade española.
Non poderán participar os titulados de Master ou outro tipo de estudos de posgrao que non obtivesen o título previo a estes estudos nunha universidade española.
Os beneficiarios deberán estar en disposición, no momento da presentación da solicitude, dunha das seguintes titulacións oficiais: Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto, Enxeñeiro técnico, Arquitecto técnico, Diplomado, Graduado ou Máster Universitario e demostrar coñecementos do idioma do país ou países solicitados.

Prazos:
De momento soamente está aberto o prazo para que soliciten a xestión desta bolsas as Universidades Públicas, así como organismos ou entidades sen ánimo de lucro, vinculado ou dependente destas, que desenvolvan programas de mobilidade en cooperación internacional con empresas. Será ata o 17 de maio de 2014.
Os titulados universitarios poderán rexistrarse, durante os tres anos de vixencia do programa, na web www. mecd.gob.es, no enlace habilitado para a xestión do programa ARGO. Posiblemente o prazo abrirase no mes de setembro.

Máis información no BOE do 23 de abril de 2014 e en www.becasargo.es

Video homenaxe aos Diplomáticos de Monte Alto

¿Queredes participar no video-homenaxe ós míticos Diplomáticos de Monte Alto? o mércores, 30 de Abril en Vigo ás 19.30h na praza da Constitución e o xoves, 1 de maio A Coruña, ás 19,00 horas. Animádevos! aquí tedes mais información.

luns, 28 de abril de 2014

Natureza e senderismo

POBRA DO CARAMIÑAL. Día: 01/05/2014
XXVIII MARCHA POPULAR DO BARBANZA.
Hora e lugar de saída: 10.30 nos xardíns Valle-Inclán
Hora e lugar de chegada: 18.30 h á Pobra do Caramiñal
Distancia: 20 km
Percorrido: Entrehortas, Romeiras, A Banda, Entrerios, Vilas, San Isidro, As Taras, San Paio, Montañó, Montaña, Mosquete, Runs, Brazos, Praia Xardín, Escarabote, Conchido, Ribeiriña, Angustia, A Pobra.
Inscrición e máis información en :
Oficinas de deportes do Concello, Casa da Cultura e Xuventude  “Raquel Fdez. Soler” – Teléfono: 981 832 590 – web: apobradeportes.com
Liceo Pueblense: 981 83 0145 – info@liceopueblense.com
ADD Barbanza 981 83 25 71 – 639 029 182

SAN RAMÓN DE BEALO E SAN FINX Día: 03/05/2014
Lugar: Minas de San Finx (Lousame) – San Ramón de Bealo (Boiro)

08.45.- Saída en autobús de San Ramón de Bealo
9.00.- San Finx
9.00 a 10.00.- Museo de San Finx e arredores da mina
10.00.- Comezo da ruta.
12.00.- km. 6. Descanso (Panorámica desembocadura Beluso) dende       Monte Seixiño
12.15.-Retomamos a ruta.
14.00.- Chegada a Bealo
14.00.- Visita muíño de río
14.30.- Petrógligos da Laxe do Agoeiro.
15.00.- Saída do autobús a San Finx
A ruta ten unha cota de inscrición de 3 euros e poden anotarse na Oficina de Turismo de Boiro, no mail turismo@boiro.org ou no teléfono 981842654 e na Oficina de Deportes de Lousame (Germán), no mail deporteslousame@gmail.com ou no teléfono 981820494​

Accións formativas dirixidas a menores de 30 anos con baixa cualificación

A Consellería de Traballo e Benestar fai unha convocatoria para a execución de accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas menores de 30 anos e con baixa cualificación correspondentes ao exercicio de 2014.
As accións formativas subvencionables serán aquelas en que se impartan especialidades vinculadas a certificados de profesionalidade de nivel 1 ou competencias clave de nivel 2 en lingua castelá (FCOV22), matemáticas (FCOV23) e comunicación en lingua galega (FCOVXX01).
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 28 de maio de 2014.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento TR301S
Máis información no DOG do 28 de abril de 2014 e en http://traballo.xunta.es

venres, 25 de abril de 2014

Obradoiro para adquirir destrezas na búsqueda de emprego

O mércores  30 de abril  de 10.30 h a 12.30 h o plan de empleo da Cruz Vermella Boiro incluirá un obradoiro para aprender estratexias na búsqueda de emprego e na toma de contacto cas empresas contratantes.

O obradoiro é gratuíto soamente tedes que inscribirvos previamente en:

Cruz Vermella Boiro
C/ Principal, 77 - Centro Social, 3ª Planta
15930 - Boiro (A Coruña) Tel.+ 34 981 844 804

xoves, 24 de abril de 2014

Moi interesante..CONSUMO RESPONSABLE E AFORRO ENERXÉTICO

ACCIONS CONCRETAS e FACTIBLES PARA UN CAMBIO NECESARIO

Seminario sobre CONSUMO RESPONSABLE E AFORRO ENERXÉTICO, (Principios de consumo responsable, consumo responsable por sectores, aforro enerxético e de recursos e participación en Europa) O seminario terá lugar en Arenas de San Pedro (Ávila), do 12-18 de Maio, promovido por Xuventude en Acción. Requisito ter entre 18 e 30 anos. A organización encárgase do 70% do transporte, aloxamento e manutención. O prazo de Inscripción remata o 28 de Abril. 

Programación cultural

Con ganas de facer cousas..boa fin de semana a tod@s!!

mércores, 23 de abril de 2014

XIV Edición dos Premios Muralla de Lugo

 


XIV Edición dos Premios Muralla de Lugo de Debuxo e Redacción Infantís, do xornal El Progreso


Bases neste enlace

luns, 21 de abril de 2014

Axudas para emprendedores


Proxecto "Práxide", de mobilidade Leonardo da Vinci

A Deputación da Coruña fai unha convocatoria para a selección de participantes no proxecto "Práxide", de mobilidade Leonardo da Vinci para seleccionar un máximo de 24 participantes que realizarán as movilidades en diferentes grupos. Os devanditos grupos, a modo estimativo, sairían para Alemaña cada tres meses, a partir da segunda quincena de maio.
Os participantes realizarán as súas prácticas laborais en empresas alemás situadas no distrito de Enzkreis, no Lander de Baden-Württemberg, con estanzas de 12 semanas de duración, incluíndo un período de preparación cultural, pedagóxica e lingüística.

Requisitos:Ter entre 18 e 30 anos e estar empadroado nalgúns dos municipios da provincia da Coruña.
Estar en posesión dunha titulación de Ciclo Medio ou Superior de Formación Profesional e/ou Estudos Universitarios, nalgún dos seguintes sectores profesionais:

Secretaría e oficina
Fabricación e procesado
Hostalaría e restauración
Sanidade
Traballo social e orientación


Máis información

Formación Centro Social de Boiro

E resumindo a partir de maio esto é o que podes atoparte no Centro Social de Boiro

NOVAS TECNOLOXÍAS(gratuítos)

Creación de Blogs do 20 a 23 de maio de 10.30h a 12.30h 
Inicio ao twiter, do 27 ao 29 de maio de 10.30h a 12.30h 
Manexo de youtube e google drive, 3 a 5 de xuño de 10.30h a 12.30h 
Presentacións dixitais en liña, do 10 a 12 de xuño de 10.30h a 12.30h




OBRADOIROS BOIROVERDE(15 euros materiais incluídos)

Cosmética natural(onde aprenderás a elaborar dentífrico, bálsamo labial, desodorante, champú...) o sábado 10 de maio de 10h a 13h e de 16h a 18h
Fogar ecolóxico(onde se realizará deterxente, líquido multiusos, insecticidas...) o sábado 14 de xuño de 10h a 13h e de 16h a 18h

ESCOLA CREATIVA(15 euros)

Ilustración gráfica, 7 de xuño de 16h a 20h

FORMACIÓN TEMPO LIBRE(20 euros)

Animación ao teatro, sábado 10 maio de 10h a 14h
Animación musical, sábado 24 de maio de 10h a 14h
Globoflexia, sábado 31 de maio  de 10h a 14h

FOTOGRAFÍA PRÁCTICA DA NATUREZA(50 euros curso completo)
Da paisaxe ao macro
28 e 30 de abril,   5-7-12-14-19-21 maio
lúns e mércores de 20 a 21,30 h.


Ademáis vos recordamos que podedes solicitarnos axuda para presentar un proxecto de INICIATIVA XUVENIL, no que nos podemos encargar de axudarvos ca solicitude e acompañar durante o que dure o proxecto.

Para apuntarte ou recibir información dos cursos tes que poñerte en contacto ca OMIX Boiro(Centro Social de Boiro) no mail omixboiro@boiro.org ou no tlf 981842635​

Concurso cartel e debuxo de sudadera para a festa da Dorna

BASES DO CONCURSO: Cartel e debuxo sudadera - Singladura LXVI
Primeira.- Participantes.
Poderá participar calquer fillo de vesiño que por justo teña jastar parte do seu tempo no propósito, con dedicasión profesional ou como jobi ou afisión.
Sejunda.- Tema
Terase en conta a festa que se tenta anunsiar, será premisa moi importante non equivocarse en tal fin. Dando inicio a Festa da Dorna o vindeiro 18 de xullo e rematando o día 24 de xullo, día 26 para o Baile de Gala o cal queda pendiente de confirmar, que tamén será exposto no cartel así como nombrar o lema de ser festa de Galicia de interese turístico dende o 2005
Terseira.- Características técnicas:
A técnica será libre, con boli bic, en cuarteadillo laminado, con sera ou en jotelé, pero terase en conta de que deberá ser reprodusido en Impresora Multifunsión e formato dixital.
Cuarta.- Presentasión
Os deseños aspirantes a carteis e debuxo da sudadera deberán ser presentados en formato dixital remetindoos o correo electrónico da R. e I., real-e-ilustre@cofradiadadorna.com ou en mensaxe privado via facebook da Cofradía da Dorna en formatos JPG ou arquivo PDF, sendo a medida para impresión do cartel a tamaño 50 por 70 en posición vertical, e a 5 (SINCO) tintas a impresión do debuxo da sudadera, ademáis de presentar o debuxo sobre fondo amarillo fluor (de non facelo dende a direcctiva farase a pertinente modificasión para a sua exposición na rede).
A impresión dos traballos correrá por parte da Cofradía para a sua presentación na próxima Asamblea e realizar a sua elección.

Quinta.- Plazos de entrega
O plazo de presentación rematará o vindeiro día 3 de maio ás 11:58 horas PM. Algún amigo con estudios poderá jiarvos si tedes dudas ca hora e data anunsiadas.
Sexta.- Xurado e votación
Os deseños presentados serán expostos na páxina facebook da Cofradía da Dorna a partir do día 4 de maio, ata o medio día do día da próxima asamblea de peñas, na que a man alzada serán elixidos os que máis votos acaden, partindo con un voto de ventaxa os deseños que máis "me justas" consigan no tempo exposto na rede social, contaránse tamén os acadados nos compartidos sejún os estadistas de feisbuk. Voto que tamén servirá coma voto de calidade (buscar na juiquipedia) en caso de empate.
Désimo quinta.-
Haberá compensación probablemente carnal para os gañadores.

Prácticas de educación

CONVOCATORIA DE DÚAS BOLSAS DE FORMACIÓN PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS NO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN DE VIGOZOO PARA O ANO 2014
O Organismo Autónomo Municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo convoca a concesión de 2 becas de prácticas, de 12 meses, no Departamento de Educación Ambiental para o ano 2012
Requisitos:
Licenciaturas ou Diplomaturas relacionadas co medioambiente.
Estar empadronados no Concello de Vigo
Bases: http://bit.ly/QywwbS
O prazo de solicitudes permanecerá aberto até o 2 de maio de 2014

Técnicos oficinas de turismo

3 TÉCNICOS/AS PARA A ATENCIÓN DAS OFICINAS MUNICIPAIS DE INFORMACIÓN TURÍSTICA.
O Concello de Ribeira abre convocatoria de selección de 3 técnicos/as para a atención das Oficinas Municipais de Información Turística polo período de tempo de tres meses (desde o 15 de xuño ata o 14 de setembro, ambos inclusive), coincidente coa tempada estival do ano 2014).
Igualmente, do resultado do proceso constituirase lista de Agarda
Requisitos:
Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos: técnico superior en información e comercialización turística, técnico superior en guía, información e asistencia turística, técnico en empresas e actividades turísticas. Tamén serán admitidos os diplomados ou licenciados en turismo.
Anuncio: http://bit.ly/PlEWCz
Bases: http://bit.ly/QytGDC
Instancia: http://bit.ly/1iCcc40
O prazo de solicitudes permanecerá aberto até o 2 de maio de 2014

mércores, 16 de abril de 2014

Formación de mediadores xuvenís

Aberto o prazo de inscrición no curso de Formación de mediadores/as xuvenís en promoción de hábitos e estilos de vida saudable, do 15 ao 30 de abril de 2014.

CAMPOS DE TRABALLO

O vindeiro 23 de abril ábrese o prazo para solicitar prazas nos campos de traballo en Galicia, nacionais e internacionais.
Ofertamos actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e o seu contorno, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos que se levan a cabo en todas as comunidades autónomas e en distintos países, baixo o patrocinio, control ou organización de entidades e organismos oficiais, asociacións xuvenís, culturais, humanitarias, etc. Entre a oferta deste ano podemos atopar campos de traballo:
  • Arqueolóxicos (recuperación, estudo ou conservación de xacementos ou monumentos).
  • Etnográficos, culturais e patrimoniais (participación na organización de festas ou eventos culturais, recuperación de tradicións, utensilios antigos...).
  • Ambientais (recuperación de camiños, espazos naturais...).
  • Do audiovisual (aproximación ós distintos aspectos formativos do mundo audiovisual)
  • Bioconstrución e autoconstrución
  • Dinamización turística
Consulta a oferta en Acción de verán

Programación Cultural

un mércores con sabor a venres...


Convocatoria de 9 bolsas de formación para proxectos de investigación do Centro Ramón Piñeiro (Xunta de Galicia) http://bit.ly/1eOzoHB
Prazo de presentación de solicitudes: 1 mes contado, que se contará a partir de mañá 17 de abril.

martes, 15 de abril de 2014

Foro de emprego de Santiago de Compostela 24-25 abril


Foro de Emprego, encontro con empresas

 inscricións a través da web: http://bit.ly/19G6PrO

Cursos Free Querote!

O  Plan de Formación da Xunta tamén inclúe cursos nos centros Quérote Máis
http://xuventude.xunta.es/uploads/PDF2014_QUEROTE.pdf

Programa iniciativa xoven

Publicada no DOG a orde de convocatoria do programa Iniciativa Xove 2014. O prazo de solicitudes será dun mes a contar dende mañá!! http://bit.ly/1hQfZG2

Intercambio xuvenil en Xapón

Datas de realización do intercambio: do 20 ao 27 de agosto de 2014
Prazas: 15 ( acompañados/as dun monitor)
Destinatarios: mozos e mozas galegos residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos de idade no momento de celebrarse o intercambio e que non participaran  en anteriores edicións de A Xuventude no Mundo.
Prazo de inscrición: do 14 ao 27 de abril de 2014.
Inscrición: mediante envío de formulario electrónico dentro do prazo establecido. Só se admitirá unha solicitude por participante.
Cobertura do intercambio
-          Aloxamento  en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple
-          Trasporte no ámbito do intercambio
-          Actividades organizadas pola entidade de acollida
-           3 días de estancia con familias xaponesas
Será a cargo do/a participante:
-          Os gastos de desprazamento ata o lugar de aloxamento do intercambio
-          Os gastos do seguro de viaxe, de accidente e  de enfermidade
 Estancias con familias xaponesas.- Os/as participantes neste intercambio adquiren o compromiso de acoller no seu domicilio particular en Galicia durante 3 días a 2 mozos ou mozas xaponeses/as, cando se realice o intercambio de acollida en Galicia durante o 2015.
Recomendación de aeroporto máis preto para chegar ao lugar de destino do país de realización do intercambio:
Wakayama (Xapón):- Aeroporto de Kansai
 Máis información:
981 544645 /981 544869

luns, 14 de abril de 2014

Prazas de auxiliares de policía para o Concello de Boiro


O Concello de Boiro convoca proceso de selección para a confección dunha lista para a cobertura temporal de prazas de auxiliares de policía local.
A presentación de solicitudes realizarase no Rexistro Xeral do Concello de Boiro dende as 9:00 h. do 15/04/2014 ata as 13:30 h. do 28/04/2014.
As bases desta convocatoria están a disposición dos interesados na Portería da Casa Consistorial ou nesta web

Curso de actualización destinado a socorristas acuáticos

O Concello de Riveira alcanzou un convenio de colaboración coa Universidade da Coruña (Departamento de Educación Física e Deportiva) en virtude do cal o municipio vai ser escenario no mes de xuño dun Curso de Actualización en Socorrismo Acuático.
A acción terá lugar durante os días 6, 7 e 8 de xuño Contará cun total de 30 horas, das cales 20 serán presenciais e 10 tutorizadas.
Os obxectivos do curso son a formación dos socorristas con novas técnicas protocolos e procedementos, mellorar a súa formación en temas relacionados coa prevención, o rescate e os primeiros auxilios en instalacións e espazos naturais acuáticos, e a súa concienciación en canto á importancia de desenvolver actitudes profesionais e valores humanos e na necesidade dunha formación continuada.
Estará coordinado por José Palacios Aguilar (profesor de Actividades Acuáticas e Socorrismo da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña e vicepresidente primeiro de ADEAC) e terá como profesores a Carlos Agrasar Cruz, Roberto Barcala Furelos, Cati Gili Roig e Carlos Vales Porto).
Os interesados en participar poderán tramitar as súas inscricións no Complexo Polideportivo da Fieiteira. A cota é de 80 euros para os empadronados en Riveira e/ou alumnos da Universidade da Coruña e 100 para o resto. Como requirimento mínimo esixirase ter formación certificada en Socorrismo Acuático.

Programa Yuzz “Mozos con ideas”


Aberta en Santiago e Vigo a convocatoria para participar no Programa Yuzz 
“Mozos con ideas” .  
Os gañadores recibirán un total de 60.000 euros: 30.000 para o primeiro premio, 
20.000 para o segundo, e 10.000 para o terceiro.
A convocatoria para participar neste programa permanecerá aberta ata o 23 de abril.
 As bases da convocatoria e formulario de inscrición están dispoñibles en www.yuzz.org.

Formación de ferramentas de marketing online

Á volta de semana santa xa podes inscribirte nos cursos de ferramentas de marketing online que ten preparados a aula Cemit de Boiro, como sempre todos de balde!


Interesante para emprendedores..Arrinca!

Arrinca é un proxecto colaborativo galego que nace ca idea de axudar a xente con algunha idea de negocio a facela realidade. Os días 9 e 10 de maio de forma gratuíta varios expertos ofrecerán a súa experiencia para asesorarte. Máis info

xoves, 10 de abril de 2014

Programación Cultural para a fin de semana

Non sei a vos..pero por falta non é


Programa Iniciativa Xoven

Onte aprendemos algunhas cousiñas sobre mobilidade xuvenil..e enterámonos de que en breve sairán de novo o programa INICIATIVA XOVEN!,estade atentos..para todos os que vos interese ofrecémonos a axudarvos ca solicitude e durante todo o proxecto.

concurso de fotografía


Concurso de carteis

Xuventude convoca o concurso para o cartel da campaña ‘Libre 2014’ que ten por obxectivo a condución segura

Poderán participar nesta iniciativa os mozos e mozas de entre 18 e 30 anos de idade, ambos inclusive, residentes en Galicia. O prazo para presentar os traballos remata o 14 de maio. O gañador recibirá como premio un ipod e será membro do xurado do certame de creadores novos ‘Xuventude Crea 2014’, na especialidade de carteis. Para máis info neste enlace

martes, 8 de abril de 2014

Máis formación en novas tecnoloxías

O próximos días  22 e 29 de abril (últimos martes deste mes) en horario de  tarde (de 16:00 a 20:00 horas),  terá lugar no Centro Demostrador TIC de Santiago de Compostela (CDTIC) a actividade denominada"INTRODUCIÓN AO MARKETING ONLINE E AO E-COMMERCE PARA PEMES
A finalidade que se persegue con estes seminarios e que as empresas e autónomos adquiran os coñecementos necesarios para empezar a comercializar os seus productos ou servizos a través das plataformas dixitais. Así mesmo, coñecerán as habilidades básicas para a definición dunha estratexia de posicionamento da empresa a través de medios electrónicos e a participación nas redes sociais.
O prazo de inscrición é ata o martes 15 de abril para anotarse a estas charlas. Podedes anotarvos mediante correo electrónico a formacion-cemit@xunta.es,  

Formación

Formación ca Cruz Vermella


Programas de mobilidade xuvenil

Mañá estaremos ás 12:30h no IES Espiñeira con dinamizadores da Dirección Xeral de Xuventude que nos falarán dos programas de mobilidade xuvenil..xa vos contaremos!

luns, 7 de abril de 2014

venres, 4 de abril de 2014

II Mercado Maio Vintage

O II MAIO VINTAGE que terá lugar nas rúas peoniles de Boiro. Si estás interesado en participar, aquí tendes a convocatoria e instruccións para a inscripción.

::::::::::::::II MAIO vintage market:::::::::::::
Día: SÁBADO 24 DE MAIO (12:00 – 20:00h)
Lugar de celebración : Rúa Peonil Pablo Iglesias e Rúa Borobó, BOIRO

Aberta Convocatoria de inscrición no II Maio Vintage!
>>>>>>>>>>>>>>ATA o 24 de ABRIL!!!!

Maio Vintage nace coa ilusión de apoiar e difundir o traballo realizado por pequenas marcas, persoas dedicadas ao deseño, a ilustración, a fotografía, artistas relacionados co mundo da moda e a arte, así como promover un espazo de encontro e intercambio de obxectos atemporais e de segunda man.
No Maio Vintage propoñemos a realización de talleres, exposicións e actividades relacionadas coa arte, a música ou a moda. Ao longo da xornada realizaranse diferentes actividades de lecer e entretemento, música en directo e outras colaboracións.

Se queres participar como expositor:
- Envía un correo a: ideasamoreas@gmail.com
- Só poderán participar as persoas que envíen a súa inscrición, antes do 24 de Abril con:
1. Nome, teléfono e mail de contacto.
2. Breve descrición do que vai vender.
3. Fotos, páxina web, blog ou outra info.
4. Espazo lineal que precise.
- A temática e decoración dos postos é Vintage, Pin Up, Retro. Cada expositor xestionará a súa parte do espazo como queira.
- Pode participar todo o mundo: artistas, persoas do mundo da artesanía, do deseño, pequenos comerciantes e cidadanía en xeral que ofrezan un produto divertido e orixinal.
- A inscrición dos expositores é de 10€ para todo o mundo. Unha vez seleccionado por parte da organización, deberá abonar a inscrición 15 días antes do evento, é dicir, ata o 9 de Maio.
- O espazo máximo de ocupación por posto é de 3x3m (podendo valorarse casos especiais).
- En caso de mal tempo o evento pospoñerase para outro día, conservando o dereito a participar no mesmo coa cota aportada.

Si queres propoñer unha actuación, taller, actividade de lecer ou entretemento:
- Envía un correo igualmente a: ideasamoreas@gmail.com antes do 24 de Abril.
- Indica brevemente en que consiste o teu proxecto/taller e orzamento, nome, teléfono e páxina web, blogue ou outra info.

O 29 de ABRIL publicarase na  páxina de Facebook e no blogue os expositores e actividades seleccionadas.

https://www.facebook.com/plataformacreaturas
http://plataformacreaturas.blogspot.com.es/

Para calquera dúbida, ponte en contacto e atenderémosche encantad@s !!!!

Organiza Creaturas
https://www.facebook.com/plataformacreaturas
ideasamoreas@gmail.com

CURSO GRATUITO MARKETING DIXITAL

CURSO GRATUITO MARKETING DIXITAL na USC nas Facultades de CC Economicas e Empresariasde Santiago e Lugo http://bit.ly/1kHwCsa

xoves, 3 de abril de 2014

Programación desta fin de semana

Definitivamente vamos ter que ampliar as nosas follas na axenda...


































e ademáis...


Prazas de profesores de español en centros educativos no estranxeiro

O Ministerio de Educación convoca 135 prazas de profesores en seccións bilingües de español en centros educativos de Bulgaria, China, Eslovaquia, Hungría, Polonia, República Checa, Romanía, Rusia e Turquía para o curso 2014-2015.

Prazas e requisitos neste enlace
Nexos celebra o vindeiro 12 de abril o centenario de Octavio Paz cos relatorios de Pere Gimferrer e Rafael Martínez Castro e unha peza audiovisual do CGAI. De balde previa inscrición en www.cidadedacultura.org.


mércores, 2 de abril de 2014

Axudas para universitarios

Axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios, no curso académico 2013/14, nas universidades do Sistema universitario de Galicia, que por causa sobrevida ou imprevista teña dificultades económicas para continuar estudos. Neste enlace tedes a información:

Campus científicos

O Ministerio de Educación convoca 1.920 axudas para participar no ano 2014 no Programa «Campus Científicos de Verán» para alumnos de 4º da ESO e 1º de Bacharelato.
Os Campus terán lugar do 29 de xuño ao 26 de xullo de 2014, en catro quendas de 7 días de duración cada un, de domingo pola tarde a sábado a mediodía, segundo o seguinte calendario:
- Primeira quenda de estudantes de 1º de Bacharelato: do 29 de xuño ao 5 de xullo.
- Segunda quenda de estudantes de 1º de Bacharelato: do 6 ao 12 de xullo.
- Primeira quenda de estudantes de 4º de ESO: do 13 ao 19 de xullo.
- Segunda quenda de estudantes de 4º de ESO: do 20 ao 26 de xullo.
Desenvolveranse en institutos e/ou departamentos de investigación adscritos aos Campus de Excelencia Internacional (CEI) ou Rexional (CER), nas seguintes universidades:
Universidade Autónoma de Madrid, Universidade Carlos III de Madrid, Universidade de Castela-A Mancha, Universidade de Extremadura, Universidade de Granada, Universidade de Las Palmas de Gran Canaria, Universidade de Huelva, Universidade de Murcia, Universidade de Oviedo, Universidade Politécnica de Cataluña, Universidade Rovira i Virgili, Universidade de Salamanca, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Sevilla, Universidade de Valencia e Universidade de Vigo.
En Galicia:
Requisitos:Ter nacido con posterioridade ao 31 de decembro de 1996.
Alumnos que no curso 2012-2013 estean a cursar cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria ou primeiro curso de Bacharelato da especialidade de Ciencias e Tecnoloxía en centros docentes españois.
Ter unha nota media no curso escolar 2012-2013 igual ou superior a 7,50 puntos.
As solicitudes deberanse cumprir mediante o formulario accesible por vía telemática a través da dirección electrónicahttp://www.campuscientificos.es/
prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 26 de abril de 2014.
Máis información no BOE do 1 de abril de 2014 e en http://www.campuscientificos.es/ 

martes, 1 de abril de 2014

Concursos e premios con convocatoria aberta


XI Premio de creación fotográfica Luís Ksado 

IX Premio de banda deseñada “Castelao” 

IX Premio de arte gráfico "Jesús Nuñez"

XXVI Premio de Narrativa Torrente Ballester

Concurso do Cartel Anunciador das Festas de San Xoán 2014

XV premio de poesía Díaz Jácome para novos creadores

III Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro

VI Concurso de rock “Deputación da Coruña”

 

 

Becas con convocatorias abertas


01/04/2014: Becas de verano para estudiantes de grado o máster  de formación en la investigación astrofísica. +info
02/04/2014: Becas programa inmersión lingüística en inglés en España. +info
03/04/2014: La Fundación Romanillos convoca becas para estudiantes con pocos recursos económicos. +info
03/04/2014: Becas Máster Energía y Medio Ambiente en España Fundación Iberdrola 2014. + info
03/04/2014: Ayudas a la Investigación en Energía y Medio Ambiente Fundación Iberdrola 2014. + info
03/04/2014: Becas Máster Energía y Medio Ambiente en Reino Unido Fundación Iberdrola 2014. + info
08/04/2014: Ayudas para estancias en los países UE durante el verano 2014 para conocer la lengua de ese país. +info
08/04/2014: VI Beca Fero en Investigación Oncológica Trasnacional. +info
10/04/2014: Becas Fundación Carolina. +info
11/04/2014: Becas de ayuda al estudio de la Universidad de A Coruña. +info
14/04/2014: Beca de investigación Fundación Alvargonzález - Trabajos de Investigación Científica e Histórica. +info
14/04/2014: Becas Eurolingua para cursos de inglés en el extranjero. +info
25/04/2014: Fundación Botín -  Convocatoria de música 2014/2015. +info
25/04/2014: Beca gestión documental en entornos digitales, Xunta Galicia. +info
28/04/2014 : Becas de "la Caixa" para estudios de posgrado en América del Norte. +info
28/04/2014: Ayudas para actividades de formación en lenguas extranjeras en Galicia. +info
30//04/2014: Fundación Botín -  Convocatoria de artes plásticas/ Visual art grants 2014/2015. +info
30/04/2014: Becas de investigación en universidades o centros en el extranjero 2014 - Fundación Alfonso Martín Escudero. +info
09/05/2014: Becas Fundación Botín en Comisariado de exposiciones y Gestión de museos 2014-2015. +info
15/07/2014: Becas Internacionales para doctorado en Nueva Zelanda + info