luns, 21 de abril de 2014

Técnicos oficinas de turismo

3 TÉCNICOS/AS PARA A ATENCIÓN DAS OFICINAS MUNICIPAIS DE INFORMACIÓN TURÍSTICA.
O Concello de Ribeira abre convocatoria de selección de 3 técnicos/as para a atención das Oficinas Municipais de Información Turística polo período de tempo de tres meses (desde o 15 de xuño ata o 14 de setembro, ambos inclusive), coincidente coa tempada estival do ano 2014).
Igualmente, do resultado do proceso constituirase lista de Agarda
Requisitos:
Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos: técnico superior en información e comercialización turística, técnico superior en guía, información e asistencia turística, técnico en empresas e actividades turísticas. Tamén serán admitidos os diplomados ou licenciados en turismo.
Anuncio: http://bit.ly/PlEWCz
Bases: http://bit.ly/QytGDC
Instancia: http://bit.ly/1iCcc40
O prazo de solicitudes permanecerá aberto até o 2 de maio de 2014

Ningún comentario:

Publicar un comentario