luns, 28 de xaneiro de 2019

Intercambios xuvenis

Se tes menos de 30 anos esta pode ser unha boa opotunidade. Intercambios xuvenis da Xunta de Galicia.

INTERCAMBIO XUVENIL Á PREFECTURA DE WAKAYAMA (XAPÓN)
Título:  “O Camiño Kumano Kodo: Patrimonio da Humanidade”.
Datas de realización do intercambio:  do 19 ao 26 de agosto de 2019.
Observacións:
** O 19 de agosto, entre as 17.00 h e as 18.00 horas (hora xaponesa) todos os mozos e mozas participantes deberán estar  no punto de encontro sinalado no aeroporto de Kansai - Wakayama.
** É obrigatorio participar no intercambio a totalidade dos días, é dicir, ata o 26 de agosto.
Prazas:  15 (acompañados/as dun/ha coordinador/a).
Cobertura do intercambio:
- Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple.
- Trasporte no ámbito do intercambio.
- Actividades organizadas pola entidade de acollida.
- 4 días de estancia con familias xaponesas.
Será a cargo do/a participante:
- Os gastos de desprazamento ata o lugar de aloxamento do intercambio en Xapón.
- Os gastos do seguro de viaxe, de accidente e de enfermidade.
Estancia con familias:  os mozos/as participantes neste intercambio de ida a Xapón adquiren o compromiso de acoller na súa residencia en Galicia a 1 ou 2 mozos/as xaponeses/as dende as 18:00 h do día 8 de marzo  ata as 11:00 h do 11 de marzo de 2019.
Coa antelación suficiente, comunicarase o punto de encontro na cidade de Santiago de Compostela para a recollida e entrega do/s mozo/as xaponesas os días 8 e 11 de marzo de 2019.
Actividades provisionais previstas:  percorrido un tramo do Camiño Kumano Kodo, visita a lugares tradicionais da cultura xaponesa, encontros con mozos e mozas xaponeses,  e aloxamento durante 4 días con familias xaponesas.
Reunión previa á saída:  Os /as mozos/as seleccionados/as serán convocados a unha reunión preparatoria do intercambio previo ao inicio do intercambio, no día e lugar que determine a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. A asistencia será obrigatoria, agás causa de forza maior debidamente xustificada. A data de realización desta reunión será comunicada por correo electrónico con antelación suficiente.
Recomendación de aeroporto máis preto para chegar ao lugar de destino do país de realización do intercambio:  Aeroporto de Kansai.

INTERCAMBIO XUVENIL A VENECIA (ITALIA)
Título:  “Patrimonio histórico - artístico de Venecia: Patrimonio da Humanidade”.
Datas de realización do intercambio:  do 2 ao 9 de setembro  de 2019.
** É obrigatorio participar no intercambio a totalidade dos días.
Prazas: 20 (acompañados/as dun/ha/s coordinador/a/s).
Cobertura do intercambio:
- Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple.
- Transporte no ámbito do intercambio.
- Actividades organizadas pola entidade de acollida.
Será a cargo do/a participante:
Os gastos de desprazamento ata o lugar de aloxamento do intercambio en Italia. 
* Nos días anteriores ao inicio do intercambio se comunicará ás persoas participantes o lugar de aloxamento en Venecia.
Os gastos do seguro de viaxe, de accidente e de enfermidade.
Actividades provisionais previstas:  entre outras, actividades de ocio educativo e culturais, visita á Basílica e Praza de San Marcos, ao Palacio Ducal, illas de Murano e Burano, ao Teatro La Fenice, Museo de Historia Natural, workshops, encontros con mozos e mozas venecianos/as e cea intercultural.
Recomendación de aeroportos máis pretos para chegar ao lugar de destino do país de realización do intercambio:
- Aeroporto Internacional Marco Polo - Venecia.
- Aeroporto de Sant´Angelo – Treviso.
MÁIS INFORMACIÓN
981545702
galeuropa@xunta.gal
Inscrición e condicións neste enlace

martes, 22 de xaneiro de 2019

Para acción escénica...


Formación gratuíta UNED Senior Boiro


Oferta emprego para mozxs menores de 25 anos

Para traballar no Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela

Para persoas tituladas recentemente, menores de 25 anos:

- 2 prazas: GUÍA de Grupos e Xestión de Actividades didácticas e museísticas https://bit.ly/2FOLlV5
- 2 Prazas de RECEPCIONISTA e servizos de atención a visitantes https://bit.ly/2T639yP


Empresa: QUELCUM ,Servicios para Empresas S.L
Contrato temporal 6 meses de duración
Prazo: até 25 xaneiro 2019
Enviar CV a: info@quelqum.com

venres, 11 de xaneiro de 2019

Axudas á mocidade para a compra de vivenda:

Axudas á mocidade para a compra de vivenda:

Ollo! para Concellos con menos de 5000 habitantes son as axudas

Info neste enlace

Exposición da asociación Ambar

Exposición CON XEITO no Centro Social de Boiro
 
Data: do 15 de xaneiro ao 28 de febreiro
inauguración o martes 15 xaneiro ás 11h no Centro Social de Boiro

nome da exposición: Con xeito


“CON XEITO. Diversidade na arte” é unha exposición colectiva das obras de catro dos/as artistas da Asociación Ambar das persoas con diversidade funcional. Nela amósanse as diversas posibilidades de crear, interpretar, actuar e ser, de aí nace o título CON XEITO, que fai referencia ás particularidades persoais de cada un e que permiten diferenciarnos a unhas persoas das outras. Nas pezas que podemos contemplar, que van dende a pintura ata a escultura, os/as artistas mostran a súa visión particular do mundo e do día a día, distintos xeitos de entender a realidade e de expresala.
Esta exposición busca xerar un diálogo real sobre a creatividade e o papel activo que os/as artistas con diversidade funcional aportan á sociedade.