xoves, 27 de novembro de 2014

Plataforma dixital para artistas xóvenes

2ª La New Fair,para recoñecer aos artistas máis xóvenes.Unha oportunidade de que os teus traballos se fagan visibles http://bit.ly/1vNWxr9

Formación en fotografía





INICIO TALLER DE FOTOGRAFÍA FOTO NOITE
 (Pintar con luz) no Centro Social de Boiro

INFO Tlf.626028887 ollaparo@gmail.com

Prazas de auxiliares de conversa

O Ministerio de Educación, Cultura y Deporte convoca prazas de auxiliares de conversación de lingua española para o curso escolar 2015-2016 en centros docentes de Alemaña, Australia, Austria, Bélxica, Canadá, Estados Unidos, Francia, Irlanda, Italia, Malta, Noruega, Nova Zelandia e Reino Unido...

Feira de arte contemporáneo

28-29 e 30 de novembro en Santiago

máis info neste enlace

mércores, 26 de novembro de 2014

.teño unha idea e agora qué??

Faladoiro sobre emprendemento e innovación..teño unha idea e agora qué?? impartido por Javier Cuevas

Lugar: Cidade da Cultura
Data: xoves 4 de decembro de 11h a 13.30h
Prezo: entrada de balde

Info en: https://www.cidadedacultura.org/gl/evento/teno-unha-idea-e-agora-que-clausura-con-javier-de-la-cueva

Programa de mobilidade profesional

European Cultural Foundation, ECF, mantén aberto o programa de mobilidade profesional STEP Beyond. ECF apoia, a través de este programa de axudas para a  mobilidade de artistas e profesionais da cultura entre a Unión Europea e as súas zonas fronterizas. Máis información:http://bit.ly/1vllOXx

Formación innovadora en turismo


Premio de Arte Gráfico Jesús Núñez


martes, 25 de novembro de 2014

Boletin de Información xuvenil

Campaña sobre SEXTING, sabes o que é?

Programas de Xuventude para ESO

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ven de abrir o prazo para a inscrición en Parlamento Xove 2015
Destinatarios: centros educativos de 1º e 2º de Bacharelato e 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria.
A iniciativa Parlamento Xove é unha competición de debate na que os estudantes de centros educativos de toda Galicia empregan a oratoria para defender un determinado posicionamento (a favor ou en contra) acerca do tema proposto pola organización. Cada equipo está composto por catro alumnos e alumnas e un profesor-coordinador. Os mozos e mozas  deben investigar sobre os temas propostos (distinto na fase preliminar e na final) e, o día do encontro, defender no debate a postura que lles toque por sorteo.

Toda a  información no seguinte enlace:www.parlamentoxove.com

luns, 24 de novembro de 2014

‘Cooperativismo e Xuventude’

O programa inclúe intervencións de diversos especialistas sobre os recursos e apoios para emprender, as vantaxes competitivas do traballo cooperativo, o emprendemento cooperativo no rural e a posta en marcha dun proxecto desta características. Tamén mostra un panel de experiencias, neste caso coas cooperativas ‘Cestola na Cachola’ (Lalín, Pontevedra) e ‘Entre Pedras’ (Santiago de Compostela).

As persoas interesadas en participar poden inscribirse gratuitamente a través do teléfono 600 516 237 ou enviando un correo electrónico ao enderezo eventos@eusumo.coop. O prazo de inscrición para esta xornada remata o 24 de novembro.

venres, 21 de novembro de 2014

Bolsas no Parlamento de Galicia

O Parlamento de Galicia convoca 8 bolsas de formación práctica:

4 bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación.
1 bolsa de formación en comunicación institucional.
2 bolsas de formación en publicacións.
1 bolsa de formación en informática.


As bolsas terán unha duración de doce meses.
A contía total de cada bolsa será de 1.000 € mensuais.

Requisitos:
1) Bolsas de arquivo, biblioteca e documentación: grao ou licenciatura universitaria en Documentación, grao en Información e Documentación ou diplomatura en Biblioteconomía
e Documentación.
2) Bolsa de comunicación institucional: grao ou licenciatura universitaria en Xornalismo, Publicidade e Relacións Públicas ou Comunicación Audiovisual.
3) Bolsas de publicacións: grao ou licenciatura universitaria en Tradución e Interpretación, na que a lingua de orixe principal da súa combinación lingüística (1ª lingua ou lingua A1) sexa a lingua galega, ou licenciatura en Filoloxía Galega.
4) Bolsa de informática: grao ou licenciatura ou diplomatura universitaria en Informática.

As titulacións terán que estar obtidas no ano académico 2008-2009 ou en anos posteriores.
O prazo para solicitar as bolsas estará aberto ata o 4 de decembro de 2014.

Máis información no Boletín oficial do Parlamento de Galicia do 19 de novembro de 2014.
http://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/BibliotecaBoletinsOficiais/B90375_2.pdf

xoves, 20 de novembro de 2014

mércores, 19 de novembro de 2014

mércores, 12 de novembro de 2014

Formación práctica

O Instituto Nacional de Administración Pública (INAP) convoca cinco bolsas destinadas a titulados universitarios na rama de Ciencias Sociais e Xurídicas e dúas destinadas a titulados universitarios nas áreas de Biblioteconomía e Documentación, para formarse e levar a cabo tarefas de apoio relativas ás liñas principais de investigación no INAP.

A contía individual de cada bolsa será de 1.300 € mensuais.
prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 28 de novembro de 2014

Máis información no BOE do 11 de novembro de 2014 e en www.inap.es

Formación gratuíta en materia de igualdade

Nivel básico, dirigido a personas interesadas en materia de Igualdad.
  • Curso "Sensibilización en Igualdad de Oportunidades". Su duración es de 30 horas.
Nivel avanzado dirigido a personas vinculadas a los ámbitos correspondientes a cada uno de los cursos:
  • Curso "Igualdad de oportunidades: aplicación práctica en el ámbito de empleo". Su duración es de 65 horas.
  • Curso "Igualdad de oportunidades: aplicación práctica en Servicios Sociales". Su duración es de 65 horas.
  • Curso "Igualdad de oportunidades: aplicación práctica en la empresa y los RR.HH.". Su duración es de 65 horas.
  • Curso "Igualdad de oportunidades: aplicación práctica en el ámbito Jurídico". Su duración es de 65 horas.
Os cursos, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, impártense gratuitamente a través da plataforma virtual www.escuelavirtualigualdad.es 

martes, 11 de novembro de 2014

luns, 10 de novembro de 2014



Se eres d@s previsor@s e queres ir creando algo de cara o Nadal cas túas propias mans ou simplemente queres coñecer una nova técnica nova de encuadernación..o ultimo sábado de novembro tes unha cita no CS Boiro.









+info en CSBoiro ou nos mails:
omix@boiro.org
agatamoscovita@gmail.com

Curso de escaparatismo


venres, 7 de novembro de 2014

Encontro entre empresas e concellos

A Deputación de A Coruña, na súa liña de cooperación activa cos concellos da provincia e, co o obxetivo tamén de favorecer a actividade económica das nosas empresas, presenta a 1ª Edición do Encontro entre Empresas e Concellos.
Terá lugar nas instalacións de EXPOCoruña durante os días 26, 27 e 28 de novembro de 2014.
O obxetivo principal do evento é proporcionar un espazo común a profesionais e administración para intercambiar experiencias na procura de solucións prácticas e innovadoras na xestión municipal.
As actividades principais serán:
-Networking
-Presentacións públicas de productos e servizos.
-Mesas redondas de Turismo e Compra Pública Innovadora con expertos.
Asimesmo, os participantes terán a súa disposición salas equipadas onde poder facer encontros persoais.
É unha OPORTUNIDADE inmellorable para poder facer contactos, ver tendencias de mercado, observar demandas insatisfeitas, ou propoñer solucións INNOVADORAS ós problemas diarios na xestión da administración, onde poderás ter a túa disposición ós 93 concellos da provincia, ademáis de outras entidades, tales como Consorcios ou Mancomunidades. É unha OPORTUNIDADE porque terás ocasión de compartir experiencias e establecer sinerxías con outros profesionais e empresas.

Bolsas Leonardo

3 becas Leonardo da Vinci para realizar prácticas laborais en Malta. Inscrición ata o 11 de novembro ! http://bit.ly/1u2C2UG

mércores, 5 de novembro de 2014

Interesante faladoiro no mes de novembro en Santiago


Bolsas de formación

A Fundación Galicia Europa convoca seis bolsas de formación en asuntos europeos para universitarios e técnicos de FP
http://bit.ly/1uvhVQE

Axudas de Mobilidade para o sector creativo galego

Destinadas a artistas, xestor@s culturais, deseñador@s, produtor@s, investigador@s, crític@s, etc, o MAC, Museo de Arte Contemporáneo, convoca 15 axudas de Mobilidade para o sector creativo galego.

Enlace:
Convocatoria
Dotación:

  • Destinadas a cubrir parcial ou totalmente os gastos de viaxe e aloxamento fóra de España de profesionais dos sectores artístico, creativo e cultural interesados en internacionalizar os seus proxectos, expandir a súa rede de contactos internacionais ou coñecer de primeira man prácticas profesionais innovadoras non habituais en Galicia.
  • Cada axuda estará dotada de 500 € netos para cubrir, total ou parcialmente, gastos de desprazamento e aloxamento.
  • Para solicitar estas axudas é imprescindible que a persoa solicitante conte cun socio ou organización de acollida no país de destino.

Becas para historiadores de arte no Museo Metropolitan de Nueva York

neste enlace atopas máis información: