martes, 25 de novembro de 2014

Programas de Xuventude para ESO

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ven de abrir o prazo para a inscrición en Parlamento Xove 2015
Destinatarios: centros educativos de 1º e 2º de Bacharelato e 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria.
A iniciativa Parlamento Xove é unha competición de debate na que os estudantes de centros educativos de toda Galicia empregan a oratoria para defender un determinado posicionamento (a favor ou en contra) acerca do tema proposto pola organización. Cada equipo está composto por catro alumnos e alumnas e un profesor-coordinador. Os mozos e mozas  deben investigar sobre os temas propostos (distinto na fase preliminar e na final) e, o día do encontro, defender no debate a postura que lles toque por sorteo.

Toda a  información no seguinte enlace:www.parlamentoxove.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario