venres, 21 de novembro de 2014

Bolsas no Parlamento de Galicia

O Parlamento de Galicia convoca 8 bolsas de formación práctica:

4 bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación.
1 bolsa de formación en comunicación institucional.
2 bolsas de formación en publicacións.
1 bolsa de formación en informática.


As bolsas terán unha duración de doce meses.
A contía total de cada bolsa será de 1.000 € mensuais.

Requisitos:
1) Bolsas de arquivo, biblioteca e documentación: grao ou licenciatura universitaria en Documentación, grao en Información e Documentación ou diplomatura en Biblioteconomía
e Documentación.
2) Bolsa de comunicación institucional: grao ou licenciatura universitaria en Xornalismo, Publicidade e Relacións Públicas ou Comunicación Audiovisual.
3) Bolsas de publicacións: grao ou licenciatura universitaria en Tradución e Interpretación, na que a lingua de orixe principal da súa combinación lingüística (1ª lingua ou lingua A1) sexa a lingua galega, ou licenciatura en Filoloxía Galega.
4) Bolsa de informática: grao ou licenciatura ou diplomatura universitaria en Informática.

As titulacións terán que estar obtidas no ano académico 2008-2009 ou en anos posteriores.
O prazo para solicitar as bolsas estará aberto ata o 4 de decembro de 2014.

Máis información no Boletín oficial do Parlamento de Galicia do 19 de novembro de 2014.
http://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/BibliotecaBoletinsOficiais/B90375_2.pdf

Ningún comentario:

Publicar un comentario