martes, 29 de abril de 2014

Becas de mobilidade xuvenil ARGO

A Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades convoca o programa de bolsas ARGO dirixido a fomentar a mobilidade dos titulados universitarios, mediante unha estanza de formación en empresas de Europa, Estados Unidos, Canadá e en empresas españolas e multinacionais radicadas en Asia e Oceanía.

O número mínimo de axudas a conceder será de 600 e a duración das estanzas será de entre 5 e 8 meses.

As prácticas deberán realizarse en empresas ou entidades de ámbito internacional que actuarán como empresas de acollida e que, debidamente rexistradas no programa, realicen unha oferta para que os titulados poidan realizar unha estanza formativa con sede nalgún dos países integrados no Programa ARGO.
Requisitos:
Poderán solicitar estas axudas todos os titulados universitarios, españois e estranxeiros menores de 35 anos, con residencia legal en España e que obtivesen nos tres últimos anos unha titulación oficial nunha universidade española.
Non poderán participar os titulados de Master ou outro tipo de estudos de posgrao que non obtivesen o título previo a estes estudos nunha universidade española.
Os beneficiarios deberán estar en disposición, no momento da presentación da solicitude, dunha das seguintes titulacións oficiais: Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto, Enxeñeiro técnico, Arquitecto técnico, Diplomado, Graduado ou Máster Universitario e demostrar coñecementos do idioma do país ou países solicitados.

Prazos:
De momento soamente está aberto o prazo para que soliciten a xestión desta bolsas as Universidades Públicas, así como organismos ou entidades sen ánimo de lucro, vinculado ou dependente destas, que desenvolvan programas de mobilidade en cooperación internacional con empresas. Será ata o 17 de maio de 2014.
Os titulados universitarios poderán rexistrarse, durante os tres anos de vixencia do programa, na web www. mecd.gob.es, no enlace habilitado para a xestión do programa ARGO. Posiblemente o prazo abrirase no mes de setembro.

Máis información no BOE do 23 de abril de 2014 e en www.becasargo.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario