luns, 28 de abril de 2014

Accións formativas dirixidas a menores de 30 anos con baixa cualificación

A Consellería de Traballo e Benestar fai unha convocatoria para a execución de accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas menores de 30 anos e con baixa cualificación correspondentes ao exercicio de 2014.
As accións formativas subvencionables serán aquelas en que se impartan especialidades vinculadas a certificados de profesionalidade de nivel 1 ou competencias clave de nivel 2 en lingua castelá (FCOV22), matemáticas (FCOV23) e comunicación en lingua galega (FCOVXX01).
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 28 de maio de 2014.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento TR301S
Máis información no DOG do 28 de abril de 2014 e en http://traballo.xunta.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario