luns, 21 de abril de 2014

Proxecto "Práxide", de mobilidade Leonardo da Vinci

A Deputación da Coruña fai unha convocatoria para a selección de participantes no proxecto "Práxide", de mobilidade Leonardo da Vinci para seleccionar un máximo de 24 participantes que realizarán as movilidades en diferentes grupos. Os devanditos grupos, a modo estimativo, sairían para Alemaña cada tres meses, a partir da segunda quincena de maio.
Os participantes realizarán as súas prácticas laborais en empresas alemás situadas no distrito de Enzkreis, no Lander de Baden-Württemberg, con estanzas de 12 semanas de duración, incluíndo un período de preparación cultural, pedagóxica e lingüística.

Requisitos:Ter entre 18 e 30 anos e estar empadroado nalgúns dos municipios da provincia da Coruña.
Estar en posesión dunha titulación de Ciclo Medio ou Superior de Formación Profesional e/ou Estudos Universitarios, nalgún dos seguintes sectores profesionais:

Secretaría e oficina
Fabricación e procesado
Hostalaría e restauración
Sanidade
Traballo social e orientación


Máis información

Ningún comentario:

Publicar un comentario