luns, 18 de marzo de 2013

Inmersión lingüística para o verán de 2013

O Ministerio de Educación convoca 2.200 axudas para a participación nunha das colonias de dúas semanas de duración, organizadas durante o mes de agosto de 2013, para alumnos de 5º e 6º de primaria e 1º da ESO.
Requisitos xerais que deberán cumprir todos os solicitantes:
a) Poderá optar a estas axudas o alumnado que no presente curso 2012/2013 estea matriculado en centros sostidos con fondos públicos, nalgún dos cursos mencionados a continuación:
Quinto curso de Ensino Primario.
Sexto curso de Ensino Primario.
Primeiro curso de Ensino Secundario Obrigatorio.
b) A idade dos participantes non poderá superar os 13 anos a data 31 de decembro de 2013.
C) A nota media do curso 2012/2013 terá que ser notable na asignatura de inglés e notable como nota media do curso 2012/2013.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 15 de abril de 2013.
Máis información no BOE do 18 de marzo de 2013 e en www.educacion.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario