venres, 22 de marzo de 2013

2 bolsas de formación no estranxeiro

A Fundación Botín convoca dúas bolsas no estranxeiro destinadas a formación especializada co obxecto de obter unha capacitación profesional na teoría e técnicas sobre a xestión de museos e a organización de exposicións dun xeito integral.
O destino da formación debe estar orientado á arte contemporánea (dende as vangardas á actualidade).
A dotación da axuda é de 18.000 euros (en concepto de viaxes, aloxamento, manutención, etc.) aos que se sumarán ata un máximo de 12.000 euros destinados ao aboamento da matrícula no centro de formación elixido. O prazo de solicitude finaliza o 3 de maio de 2013. Máis información na seguinte web da fundación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario