A Escola Galega de Administración Pública convoca unha bolsa destinada a formar especialistas en aspectos técnicos relativos ao ámbito da teleformación, tales como sistemas informáticos e telemáticos, desenvolvementos, bases de datos e contornos de desenvolvemento cliente/servidor, dentro das tarefas de formación que ten encomendada a EGAP.
Os/as destinatarios/as desta bolsa recibirán formación titoriada e colaborarán na aplicación formativa das novas tecnoloxías aos empregados públicos.
As actividades de formación iniciaranse o 1 de febreiro de 2011 e rematarán o 31 de decembro de 2011.
O importe da bolsa será de 1.100 € brutos mensuais.
Requisitos: Acreditar ter rematados os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do ano 2002 e acreditada algunha titulación en FP de ciclo superior ou FP II, en calquera especialidade relacionada coa informática (informática de sistemas, desenvolvemento de aplicacións informáticas, administración de sistemas informáticos, desenvolvemento de produtos electrónicos e informática de xestión).
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 18 de xaneiro de 2010.
Máis información no DOG do 17 de decembro de 2010 e en http://egap.xunta.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario