martes, 28 de decembro de 2010

Bolsas para estudios de master universitario

A Consellería de Educación convoca 50 bolsas para a realización de estudos oficiais conducentes ao título de máster universitario, coa finalidade de contribuír á especialización dos estudantes na súa formación académica, profesional ou investigadora.

A duración da bolsa é de 6 meses comprendidos entre xaneiro de 2011 e xuño de 2011.
A dotación da bolsa será de 600 € mensuais.

Requisitos:
a) Ter rematado os estudos universitarios conducentes á titulación universitaria de grao, ou titulación equivalente para efectos de acceso ao máster universitario, con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2007 e ter cursados os últimos 3 anos académicos destes estudos, nunha universidade pertencente ao sistema universitario de Galicia (Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo).
b) Non estar en posesión do Diploma de Estudos Avanzados (DEA) ou dun título de doutor/a.
c) Non ter gozado dalgunha bolsa das concedidas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a realización de estudos de terceiro ciclo ou máster universitario.
d) Estar matriculado, no curso académico 2010-2011, dun mínimo de 60 créditos nun máster universitario de carácter presencial impartido nas universidades da Coruña, Santiago de Compostela, ou Vigo.
e) Posuír unha nota media simple no seu expediente académico igual ou superior a 2 puntos.
Prazo de presentación de solicitudes: 24 de xaneiro de 2011.

Máis información no DOG do 23 de decembro de 2010 e en www.edu.xunta.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario