Xa podedes solicitar as AXUDAS AO DESPRAZAMENTO nos destinos Santiago- A Coruña- Pontevedra e Vigo que concede o Concello de Boiro para o curso 2010-2011.
Prazo:
O prazo para solicitalas e dende o 1 de Decembro ata o 31 de Decembro 2010.
Documentos a presentar:
a) Certificado ou resgardo da matrícula.
b) Xustificantes de ingresos económicos (última declaración da renda da unidade familiar, conxunta ou individuais, ou certificado de ingresos expedido pola axencia tributaria no caso de non existir obriga de presentación da declaración da renda, ou copia das dúas últimas nóminas).
c) Volante de empadronamento da unidade familiar. Debe constar unha antigüidade mínima do solicitante de 2 anos.
d) Certificación, no seu caso,de minusvalías.
e) Certificación dos datos bancarios do/a solicitante.
f) Outra documentación que se estime oportuna non recollida nos apartados anteriores.
g) Os documentos que se aporten coa solicitude deberán estar cotexados.
Lugar de solicitude
Oficina de Rexistro do Concello de Boiro( 1º Andar)As instancias oficiais poderanse recoller no Concello, no Centro Social ou descargalas dende a páxina web do Concello de Boiro(www.boiro.org).
máis información Centro Social de Boiro
Ningún comentario:
Publicar un comentario