luns, 26 de xaneiro de 2015

Xornadas de coworking, que son??

Comezan os coworkingdays nos espazos galegos e esta é a programación de cada un deles:
WeKCo (Espacio de Coworking - Coruña) (A Coruña)
LUNS 26
20:00-21:30h
CHARLA “Internacionalización empresarial en Latinoamérica: Ventaxas e aspectos legais para a túa empresa ou negocio”

MARTES E MÉRCORES 27-28
Free Coworking Days 9:00-19:30h.
Mércores 28
14:30 - 15:30h
Free English Lunch
Mércores 28
9:00 - 19:30
O TEU MELLOR TI ¿para LinkedIn ou Facebook?

XOVES 29
20:00 - 21:15h
CHARLA “Claves para ter un gran blog”

VENRES 30
10:00 - 11:30h
WeKCoAlmorzo – Simón Cabarcos (Blindaxe Sport) “Soña, sí, ¡pero faino!: Da protección á personalización”


coLABORatinne (A Coruña)
XOVES 29
09:30 – 14:00
Coworking gratuito: Ven a traballar con nós de forma gratuita, para poder coñecer o espazo en primeira persoa. Aforo limitado.
10:00 – 10:30
Co-Almorzo: Disfruta dun rico almorzo, mentras falamos do que é o coworking.
14:00 – 16:00
COworking COcido: coLABORatinne invita ós seus coworkers a un maravilloso cocido para celebrar o seu primeiro aniversario.
16:00 – 20:00
Coworking gratuito: Ven a traballar con nós de forma gratuita, para poder coñecer o espazo en primeira persoa. Aforo limitado.
19:30 – 21:00
Demostración: 3D PRINSHOW.

VENRES 30
09:30 – 14:00
Coworking gratuito. Aforo limitado.
10:00 – 10:30
Co-Almorzo.
14:00 – 16:00
Co-mida: Comida cos coworkers de coLABORatinne para intercambiar vivencias. Trae o teu tupper, ou tamén podemos pedir algo.
18:00 – 19:00
Charla: EMPRENDEDORES.
19:30 – 20:30
Charla-Coloquio: O BO DESEÑO, unha actitude profesional.
Terminaremos tomando unhas cervezas mentras facemos un pouco de networking.

Para asistir a calqueira dos eventos os interesados deben enviar un e-mail a colabor@atinne.com indicando un nome, un teléfono de contacto o/os evento/s no/nos que desexa participar.

Magma Espacio (Ourense)
MARTES 27
9:30 - 18:30
Excursión a SENDE. Ven a traballar a un centro de Coworking Rural no parque nacional do Xurés. Aforo limitado.

MÉRCORES 28
9:30 - 14:00
Coworking gratuito. Ven a traballar con nós para poder coñecer o espazo en primeira persoa. Aforo limitado.
14:00 - 16:00
Co-mida. Ven a comer cos coworkers de Magma para intercambiar vivencias. Trae o teu tupper ou podemos pedir algo.
16:00 - 19:00
Coworking gratuito. Aforo limitado.

XOVES 29
Asesoramento LinkedIn Patricia Sánchez (DREIECK social media) estará a vosa disposición para dar orientación sobre as vosas oportunidades e imaxe profesional en LinkedIn.
9:30 - 14:00
Coworking gratuito. Aforo limitado.
14:00 - 16:00
Co-mida
16:00 - 19:00
Coworking gratuito. Aforo limitado.

VENRES 30
Asesoramento para emprendedores. Diego González estará a vosa disposición para resolver dúbidas sobre os vosos propios proxetos.
9:30 - 14:00
Coworking gratuito. Aforo limitado.
10:30 - 11:00
Co-Almorzo. Disfruta dun rico almorzo mentras nos coñecemos un pouco máis e facemos networking (patrocinado por Ecoleia).
14:00 - 16:00
Co-mida.
14:00 - 19:00
Coworking gratuito. Aforo limitado.
19:00
Posta en común. Ideas, proxetos, corworking… Tomándonos algo.

Para asistir a calqueira dos eventos tes que enviar un e-mail a hola@magmaespacio.es indicando o teu nome, un teléfono de contacto e o/s evento/s nos que queres participar.

Doutro xeito Coworking Santiago (Santiago de Compostela)
Exposición fotográfica “Música Íntima”. Do 26 ao 30 de Xaneiro. De 9:30 a 20:00
“Música íntima” é unha idea orixinal de Xaime Cortizo, fotógrafo e coworker en Doutroxeito.
Con esta exposición pretende levar a música clásica a lugares onde a priori non a atopamos, e botar abaixo barreiras e preconceptos facendo que as imaxes nos permitan un acercamento persoal e sensorial,  e que sexa a vista a que nos axude a vivir, a interiorizar, a sentir a música, en definitiva.
Xornada de portas abertas. Do 26 ao 30 de xaneiro. De 9:30 a 14:00
Podes vir a traballar connosco: Trae o teu portátil e facémosche un sitio para que experimentes como é traballar doutro xeito.
SEXY SALAD. Martes 27 e xoves 29. De 14:00 a 16:00
Trae o teu tupper, ou ingredientes para facermos unha ensalada comunitaria, coñecer aos nosos coworkers, coñecer proxectos en marcha etc.
After Work “Música Antieremita”

Onde a música e o coworking conflúen, poñemos o broche final á exposición fotográfica cunha proposta diferente para experimentarmos a música a cargo de Lucas Rei, músico e coworker en Doutroxeito.

Ningún comentario:

Publicar un comentario