venres, 16 de xaneiro de 2015

Axudas á concilación

A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza convoca axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da xornada de traballo..

Data:
Dende o 16/01/2015 ata o 20/02/2015
Requisitos:
  • Traballadores/as que entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2014 tivesen unha situación de redución da súa xornada de traballo para o coidado de fillos/as.
  • Poderán beneficiarse das axudas:
    a) Homes que se acollan á redución de xornada e sexan traballadores por conta allea, e os socios das sociedades cooperativas que pertenzan ao réxime xeral da Seguridade Social.
    b) Familias monoparentais nas cales a persoa solicitante, home ou muller, sexa traballadora por conta allea e se acolla á redución de xornada. 
  • Estar inscritas no padrón de calquera municipio de Galicia, polo menos cun ano de antelación ao inicio do período subvencionado.
  • Convivir co/coa fillo/a durante o período subvencionado.
  • No caso das familias non monoparentais, o cónxuxe ou parella deberá ser unha persoa traballadora por conta allea ou ben autónoma. 
  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es  Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos rexistros establecidos.
Enlace:

Procedemento

Ningún comentario:

Publicar un comentario