xoves, 18 de abril de 2013

Un maio cheo de creatividade


TALLER DE CREACIÓN DE BIXUTERÍA E ENFIADO CON SWAROVSKI
no que se poderán realizar 3 pezas realizadas con cristais de swarovsky e iniciarase á técnica nipona de peyote con abalorios de miyuki. Impartido por María Magán

O taller impartirase os días 8,15,22,29 de maio e 5 de xuño en horario de 20h a 22h no Centro Social de Boiro.


TALLERES DE CREACIÓN CON FONDANT(un o sábado 11 de maio en horario de 16h a 20h e outro o 18 de maio no mesmo horario) e un novo de REPOSTERÍA EDUCATIVA(CREANDO NA COCIÑA COS CATIVOS) na que se aprenderán recetas para facer cos máis pequenos fomentando a creatividade e o diálogo entre pais e fillos nun contexto diferente. Impartidos por LiliFabeiro

Ademáis de esta formación no mes de maio...
Cursos de novas tecnoloxías na aula Cemit
Dous cursos de fotografía: Macrofotografía(luns de 20 a 21.30h e sábados de 12h a 14h) e Fotografía en movemento(mércores de 20 a 21.30h e sábados de 10h a 12h) 
Bailoterapia para persoas maiores(xoves de 11h a 12h)
curso de monitor de tempo libre que comezará o 3 de maio e rematará o 3 de agosto(no horario de venres de 16h a 21h e sábados de 9h a 14h e de 16h a 21h).




Para informarse acerca de prezos e condicións dos talleres e inscribirse en calquera de eles, débese acudir ao Centro Social de Boiro(1ª planta) ou no tlf 981842635 e mail omix@boiro.org



Ningún comentario:

Publicar un comentario