luns, 8 de abril de 2013

Bolsas de Introdución á Investigación do CSIC

O Consello Superior de Investigacións Científicas convoca 42 bolsas de Introdución á Investigación para estudantes universitarios, no marco do Programa Xunta para a Ampliación de Estudos.
Requisitos:a) Ter aprobados entre o 40% e o 80% dos créditos correspondentes á súa titulación.
b) Non estar en posesión ou en disposición legal de obter un título académico de Licenciado, Enxeñeiro Superior ou Arquitecto.
c) Ter obtido unha nota media igual ou superior a 1,80.
A contía total das bolsas será de 1.500 € cando a distancia entre a súa localidade de residencia e a localidade de situación do Centro onde vaia cumprir o seu plan de traballo, sexa inferior a 60 km e de 2.000 € para distancias iguais ou superiores.
As solicitudes efectuaranse utilizando os medios telemáticos que estarán dispoñibles nos servidores de información do Consello Superior de Investigacións Científicas, www.csic.es.
O prazo de presentación das solicitudes estará aberta ata o 23 de abril de 2013.
Máis información no BOE do 8 de abril de 2013 e en www.csic.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario