luns, 15 de abril de 2013

Concurso de fotografía polo día de Internet

o 17 de maio non soamente se celebra o día das letras galegas, tamen é o día de internet e para a súa celebración a rede Cemit organiza o I Concurso de Fotografía Móvil “La tecnología en mi vida cotidiana”

Para competir no concurso, os participantes deberán demostrar a súa creatividade mediante a presentación dunha fotografía realizada co móbil que reflicta como se utilizan as novas tecnoloxías na nosa vida cotiá. A fotografía subirase directamente á páxina web do día de internet.
Poden participar todos os maiores de 14 anos que sexan usuarios dalgunha destas redes sociais: Facebook, Instagram ou Twitter, cuxas obras se adecúen á temática proposta, sexan únicas, propias e orixinais. Un Xurado composto por profesionais e expertos do mundo da fotografía decidirá os gañadores segundo a creatividade, orixinalidade, expresividade e os votos on-line das obras. A presentación de fotografías remata o vindeiro 30 de abril.
Para máis información das bases do concurso poden consultar o seguinte enlace:
A presentación das fotos realízase no seguinte enlace:

Ningún comentario:

Publicar un comentario