xoves, 27 de setembro de 2018

XII xornadas galegas de actualización de coñecementos e intercambio de experiencias

19, 20 e 21 de outubro
Albergue Xuvenil de Gandarío, Bergondo, A Coruña
Destinatarios:
• Monitores/as e directores/as de actividades de educación no tempo libre.
• Técnicos/as de xuventude e dinamizadores/as xuvenís.
• Profesionais do ámbito (animadores/as socioculturais, educadores/as sociais, pedagogos/as, dinamizadores/as de actividades de educación no tempo libre).
• Membros de asociacións xuvenís, grupos informais que realicen actividades de educación no tempo libre e voluntarios/as.
As persoas interesadas en dispor dun posto na feira de experiencias poden solicitar a  participación como expositoras a través do e-mail institutoxuventude.ctb@xunta.gal antes do 13 de Outubro de 2018, xuntando a seguinte información:
- Título e presentación da experiencia a expoñer.
- Nome dos/as autores/as e nome da entidade/grupo onde se desenvolve ou foi desenvolvida a iniciativa.
- Necesidades de espazo e/ou explicación de como sería o posto. 
- Necesidades de material non funxible que poida haber na Instalación de Gandarío (mesas, cadeiras, pizarras…).
Lémbrese que todas as experiencias presentadas disporán ademais dun espazo no web https://interactuandonotempolibre.webnode.es/ para ficar para a posteridade.

Faladoiros
O cerne das xornadas son os faladoiros para a aprendizaxe, a reflexión e o debate. Cada persoa asiste a un único faladoiro e domingo ao final da mañá póñense en común.  
      
      1) É TRABALLO OU DÁ TRABALLO?
          A nova lei de contratacións, convenios, pregos, relacións laborais, trámites administrativos, seguros, dereitos e obrigas. En que estado estamos e en que estado queremos estar?
          Que cómpre saber? Que cómpre manter? Que cómpre mudar?
      
      2) PROGRAMACIÓNS DA CAMPAÑA DE VERÁN 
          Aprender a programar e aprender a avaliar programacións.
          Valorar programacións da campaña de verán e achegar suxestións de mellora.
          Que ten sentido? Que non ten sentido? Que propor?
      
      3) TITULACIÓNS DE TEMPO LIBRE
          Escolas de Tempo Libre, certificados de profesionalidade, experiencia práctica... que titulacións necesitamos? Que titulacións queremos? 
          Necesidades e oportunidades formativas. Bases para unha orde que regule a educación do Tempo Libre en Galicia. 
      
      4) CALIDADE NAS INTERVENCIÓNS DE TEMPO LIBRE?
          Posta en valor da educación no tempo libre. Entretemos? Animamos? Transformamos?
          Que é calidade? Que non é calidade? Como se valora a calidade dunha intervención?
      
Cando se realice a inscrición cómpre indicar a preferencia do faladoiro no que se desexa participar. A organización adscribirá os/as participantes nos faladoiros atendendo ás súas preferencias e á orde de inscrición.

Inscrición: a través do seguinte formulario


Ningún comentario:

Publicar un comentario