A Xuventude no Mundo é un programa de mobilidade que puxo en marcha en 2010 a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado para procurar que os mozos e mozas de Galicia obteñan experiencias de educación non formal no estranxeiro, amplíen o seu coñecemento idiomático e o seu nivel de independencia e responsabilidade. No ano pasado foron 200 os mozos e mozas galegos que participaron nestas viaxes, en 18 destinos diferentes durante as dúas edicións que se convocaron en 2010. Nesta terceira edición, que se prolongará ata o mes de setembro, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado oferta un total de 140 prazas en 14 intercambios con destino a 12 países, onde se abordarán diferentes temáticas de traballo: - Rimini (Italia) do 21 ao 28 de febreiro. Temática: A fotografía como medio de difusión das actividades xuvenís
- Hungría (Holloko) do 2 ao 9 de marzo. Temática: O patrimonio cultural e natural de Hungría
- Cartaxena (Colombia) do 16 ao 23 de marzo Temática: Incidencia da cultura na formación da xuventude
- Noyan (Francia) do 21 ao 28 de marzo. Temática: Patrimonio, cultura e historia dos pobos
- Ceska Trebova (Chequia) do 25 de marzo ao 1 de abril. Temática: Diversidade cultural
- Santa Cruz (Chile) do 28 de marzo ao 4 de abril. Temática: Cultura, tradicións e costumes do campo chileno.
- Brolo (Italia) do 1 ao 8 de abril. Temática: Valor da cultura no futuro
- Figueira da Foz (Portugal) do 9 ao 16 de abril. Temática: Estratexias de participación no combate contra a exclusión social
- Chisinau (Moldova) do 2 ao 9 de maio. Temática: Mozos europeos con valores comúns
- Yaroslav (Rusia) do 13 ao 20 de maio. Temática: Etnias minoritarias
- Wakayama (Xapón) do 28 de maio ao 5 de xuño. Temática: Os valores orientais
- Vezprem (Hungría) do 1 ao 8 de xullo. Temática: Pros e contras da globalización
- Iguaçú (Arxentina) do 1 ao 24 de agosto. Temática: A preservación da selva na triple fronteira
- Yeveran (Armenia) do 14 ao 21 de setembro. Temática: O emprego e a globalización
As prazas teñen un custo que varía entre os 250 euros e os 1.000 euros e serán adxudicadas por orde de inscrición, que se fará mediante o correo electrónico a través do apartado programas europeos da web www.xuventude.net . Os períodos de inscricións varían segundo o intercambio e deberanse seguir os prazos que se indican neste portal de xuventude. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario