A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove para a posta en marcha de iniciativas xuvenís, entendidas estas como proxectos dirixidos á mocidade da Comunidade Autónoma de Galicia, que se desenvolvan durante o ano 2011, e nos cales os mozos e mozas participan activamente en actividades deseñadas por eles/elas mesmos/as.
Para os efectos desta orde considéranse áreas de atención prioritarias para desenvolver mediante as iniciativas xuvenís as seguintes:
a) Proxectos de ocio e lecer educativo.
b) Proxectos relacionados coa creación de espazos para a comunicación e coas novas tecnoloxías.
c) Proxectos de fomento de actitudes creativas, emprendedoras, innovadoras e participativas dos xoves na súa comunidade e contorno.
A finalidade das subvencións é fomentar e consolidar a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural así como promover a adecuada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar dos mozos e mozas da nosa comunidade autónoma a través de proxectos integrais e específicos de actuación.
Destinatarios:
a) Os grupos informais de mozos/as que desexen realizar unha iniciativa xuvenil.
b) As asociacións xuvenís e as entidades prestadoras de servizos á mocidade que carezan de interese de lucro e as súas respectivas federacións sempre, que, no caso destas últimas, o proxecto que presentan non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións/entidades que as conforman.
Requisitos:
1. As asociacións xuvenís e as entidades prestadoras de servizos á mocidade e as súas respectivas federacións, deberán estar inscritas no censo oficial dependente organicamente da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
2. Os grupos informais deberán estar formados por un mínimo de 5 mozos/as con idades comprendidas entre os 18 e os 29 anos no momento de presentar a solicitude, debidamente identificados/as, asumindo un deles o papel de representante único do grupo e con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden ao grupo. Así mesmo, será necesario que o grupo teña unha denominación que o identifique.
A contía máxima da axuda concedida será de 7.000 € e non poderá superar o 80% do orzamento total.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 1 de marzo de 2011.
Máis información no DOG do 31 de xaneiro de 2011 e no Teléfono Xove: 902 15 25 35
Ningún comentario:
Publicar un comentario