xoves, 12 de xaneiro de 2012

2º concurso de bandas do Festival Arteficial

Convocado  o 2º concurso de bandas do Festival Arteficial, para posibilitar a  grupos musicais
non profesionais representar as súas propostas durante a vinceira edición do festival
(18 de Agosto de 2012 en Ribadavia). A participación neste concurso está aberta a
tódolos músicos de Galicia, tanto de forma individual coma colectiva, e de calqueira estilo
musical.
O traballo a presentar será unha maqueta en formato Cd cun mínimo de 3 temas
e un máximo de 6 e o prazo irá do 19 de Decembro ata o 31 de Marzo, como data límite.
Os seleccionados participarán nunha final da que sairán dous gañadores, un mediante
o voto popular do público asistente á final e outro por criterio dos membros da
Asociación Arteficial.
Ambos serán os gañadores, que recibirán unha compensación de 250€ e participarán
na sexta edición do Festival Arteficial.

Mais información en
www.festivalarteficial.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario