mércores, 11 de xaneiro de 2012

Encontros xuvenís programa Iniciativa Xoven

O fin dos encontros é achegarlle á mocidade a información precisa para fomentar
e promover actividades de aprendizaxe non formal que lle permitan desenvolver as súas
capacidades, aproveitar o seu potencial e oportunidades como a participación cívica e
política, o asociacionismo, o voluntariado, a creatividade e o espírito emprendedor.

Os destinatarios son os mozos e mozas menores de 30 anos,
concelleiros de xuventude ou con competencias na materia,
técnicos de xuventude e/ou cultura, membros de asociacións xuvenís ou
colectivos de mozos e mozas que poidan conformarse nun grupo informal.

Trataríase de unha sola xornada este venres 13 de xaneiro as 20h na
Casa da Xuventude de Noia
, a duración é aproximadamente unha hora.

Ningún comentario:

Publicar un comentario