venres, 27 de xaneiro de 2012

V premio internacional Compostela para álbums ilustrados

O Concello de Santiago en colaboración coa editorial Kalandraka convoca o V premio internacional Compostela para álbums ilustrados, dentro da XII Campaña de Animación a Lectura.
Poderán optar ao V Premio Internacional Compostela para álbums ilustrados todas as obras que se poidan incluir na categoría de álbum ilustrado: un libro no que o relato se conta a través de imaxes e textos, de tal maneira que ambos os dous se complementen.
As obras poden presentarse en calquera das linguas oficiais peninsulares e serán orixinais e inéditas.
Os proxectos poderán presentarse en calquera tamaño, técnica e formato, pero a extensión non poderá superarar as 40 páxinas interiores.
Os/as autores/as que opten ao premio deberán presentar:
Cinco copias do texto.
Tres ilustracións orixinais e cinco fotocopias encorde cada unha delas.
Unha maqueta acabada do proxecto que se presenta.
Nas obras non deberá figurar o nome dos/as autores/as senón un lema ou pseudónimo. Os datos persoais dos e das participantes achegaranse nun sobre pechado indicando no exterior o título da obra e o lema ou pseudónimo, e no seu interior, o nome ou nomes completos, enderezo postal, teléfono de contacto e enderezo electrónico. Dentro do sobre tamén se incluirán unha fotocopia do DNI ou pasaporte así como unha breve recensión biográfica.

O prazo para presentar as obras estará aberto ata o 2 de marzo de 2012.
O premio é de 9000 € e a publicación da obra en tódalas linguas peninsulares no mes de outubro de 2012.
Máis información en www.kalandraka.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario