martes, 31 de xaneiro de 2012

bolsas Stevenson para estudos univesitarios en Escocia

Poden optar a estas bolsas todos os estudantes universitarios menores de 25 anos (excepcionalmente poden ter ata 35 anos) que estean matriculados ou que rematasen os seus estudos recentemente nalgunha universidade española e que desexen estudar en Escocia. As bolsas están abertas a calquera disciplina e permiten estudar nunha universidade escocesa de 3 a 9 meses.

A contía da bolsa será de entre £200 ata £4,000 podendo variar esta cantidade considerablemente a discreción do Comité Executivo. É requisito imprescindible posuír un bo coñecemento de inglés e que o solicitante establecese contacto previo con algunha universidade escocesa aínda que non fose formalmente aceptado aínda. Estas bolsas son axudas complementarias e os bolseiros seleccionados terán que custearse a viaxe e os gastos de estanza.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 10 de febreiro de 2012.
Máis información en http://www.britishcouncil.org/spain/stevenson-scholarship

Ningún comentario:

Publicar un comentario