luns, 30 de xaneiro de 2012

Obradoiros para redactar proxectos de INICIATIVA XOVEN

Se estades pensando en presentar un proxecto para Iniciativa Xoven da Dirección Xeral de Xuventude ou queredes enterarvos un pouco mais das axudas ás que podedes optar sendo xoven, entre o 7 e o 17 de febreiro se organizarán xornadas, que terán unha duración aproximada de 2 horas e media, para aprender a redactar os proxectos a presentar e coñecer masi acerca de iniciativas de participación xuvenil.

As DATAS E LUGARES DOS FOROS son:

7 de febreiro: 12.00 hs Facultade de Ciencias Económicas de Santiago.

8 de febreiro: 18.00 hs Espazo Xove de Vilagarcía de Arousa e 20.00 hs Espazo xove de Lalín.

10 de febreiro: 18.00 hs Albergue LugI ( Lugo) e 18.00 hs Residencia Xuvenil Universitaria " Florentino López Cuevillas ( Ourense).

11 de febreiro: 11.00 hs Albergue Xuvenil Gandarío ( Bergondo) e 11.00 hs Edificio Multiusos de Redondela ( Pontevedra).

13 de febreiro: 11.00 hs Facultade de Arquitectura da Coruña.

15 de febreiro: 11.00 hs Peritos de Ferrol.

16 de febreiro: 19.00 hs Espazo Xove de Viveiro.

17 de febreiro: 19.00 hs Espazo Xove de Curtis.

Poderedes solicitar, a partir do luns 30 de xaneiro, a través da web xuventude.net, o lugar ao que queredes asistir.

Ningún comentario:

Publicar un comentario