luns, 2 de xaneiro de 2012

III Encontro Galego de Mobilidade Xuvenil

O próximo 4 de febreiro celebrarase o III Encontro Galego de Mobilidade xuvenil, a partir do 9 de xaneiro ábrese o prazo para inscribirse no Encontro , organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar que se celebrará o vindeiro 4 de febreiro de 2012 na cidade da Coruña.

Este encontro está dirixido a mozos e mozas participantes en programas europeos de mobilidade xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, como son o Juventud en Acción e o Leonardo da Vinci – MOGAL-, no programa galego de mobilidade A Xuventude no Mundo, a técnicos de xuventude e de servizos sociais, dinamizadores xuvenís, entidades prestadoras de servizos sociais , líderes de asociacións xuvenís e mozos en xeral interesados na temática da mobilidade.

Todos/as os/as interesados/as en participar en programas de voluntariado europeo, intercambios ou iniciativas europeas é a vosa oportunidade para coñecer mais acerca de estos programas.

Inscricións en http://xuventude.xunta.es/201112275883/iii-encontro-galego-de-mobilidade-xuvenil.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario