venres, 14 de febreiro de 2014

bolsas para a realización de programas de postgrado

A Fundación Eduarda Justo convoca bolsas para a realización de programas de postgrado preferentemente máster de dirección de empresa (MBA ) nas mellores escolas de negocios do mundo.
Os seus obxectivos é formar mozos/as proporcionándolles os recursos económicos necesarios para a realización de estudos preferentemente en dirección de empresas.
A bolsa supón aproximadamente uns 4600 euros agrupados en diferentes conceptos. Inclúe tamén a matrícula dos estudos que se aboarán na institución elixida.
A Fundación ofrece dúas rondas de presentación de solicitudes: a  primeira finaliza o 15 de marzo de cada ano, a segunda o 1 de maio.
A duración  das bolsas é un ano académico con posibilidade de prórroga segundo máster ou estudos elixidos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario