venres, 21 de febreiro de 2014

lista de concedidas e suplentes nas axudas do transporte do Concello de Boiro

Hoxe se publican as listas de concedidos e suplentes das axudas ao transporte do Concello de Boiro, recordade que agora os que aparecedes na lista de concedidos, debedes xuntar os billetes de transporte(tren ou autobús) e canxealos por unha factura oficial na empresa, posteriormente entregar a factura en rexistro antes do 27 de xuño acompañada dunha solicitude de xustificación(que ben a podedes recoller na OMIX ou descargala da páxina web do Concello de Boiro). Os que aparecedes na lista de suplentes debedes agardar ao remate do prazo de xustificación(27 de xuño) pero igualmente ide xuntando os billetes de transporte para canxealos por unha factura oficial, porque o procedemento para xustificar a axuda será igual que no caso anterior. Se tedes algunha dúbida podedes pasar pola OMIX ou poñeros en contacto no mail omix@boiro.org ou 981842635.

Ningún comentario:

Publicar un comentario