venres, 7 de febreiro de 2014

Formación gratuíta para a hostelería e turismo en Riveira

os días 12 e 13 de febreiro en horario de mañá, de 10 a 13.30 horas, impartirase a xornada “Os novos factores do éxito das empresas do sector turístico” onde se desvelarás as claves que deben conducir a xestionar con éxito unha empresa turística: como encher un destino e un aloxamento en épocas difíciles, como incrementar as ventas de restaurantes e locais de hostalería, como incrementar as ventas nun comercio turístico ou como integrar aos empregados e dirixilos con éxito, etc...

Por outra parte, en horario de tarde de 17 a 20.30 horas desenvolverase tamén os días 12 e 13 a acción “Os novos factores do éxito nun municipio turístico”, que servirá para expoñer os coñecementos que debe manexar calquera cargo público na súa responsabilidade de liderar as novas e complexas variables da xestión dun municipio turístico: como crear produtos turísticos atractivos, como atraer clientes a un destino turístico, como coordinarse con outros municipios e ser máis atractivos ou como coordinarse co sector privado.

Os dous cursos teñen carácter totalmente gratuíto e celebraranse no Centro Cultural Lustres Rivas. Os interesados en inscribirse poden facelo no teléfono 686 587 000 ou ben enviando un email a sanroqueturismo@gmail.com.

Tamén desenvolverase unha serie de cursos de cociña e elaboración de tapas, que estarán complementadas cunha serie de módulos sobre coctelería, protocolo e decoración.

Se ben aínda se están a perfilar os últimos detalles da iniciativa, os interesados xa poden preinscribirse no Centro Cultural Lustres Rivas, chamando ao número 981 835 650. Os cursos serán impartidos no restaurante Jenaro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario