A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado,
pon en marcha o seu segundo Proxecto de Voluntariado Europeo para maiores de 50
anos, “Still Being Active”, subvencionado polo Programa Grundtvig dentro dos
Programas de Aprendizaxe Permanente da Comisión Europea,xunto coa organización
Hordaland County Council de Noruega
A finalidade do proxecto é proporcionar ás
persoas de máis de 50 anos de España e Noruega, unha oportunidade para mellorar
os seus coñecementos, habilidades e competencias, sobre todo dixitais,
lingüísticas e interculturais, que reforzarán a mensaxe de que a idade non pode
parar á xente na súa aprendizaxe. Isto se logrará a través da realización de
actividades voluntarias noutro país, mellorando a súa calidade de vida e
promovendo a cidadanía activa da Sociedade Europea. A xente de máis de 50 ten
que seguir activo, facer cousas, aprender cousas, entendendo que seguen sendo
unha parte importante da sociedade e sentindo que poden ser cidadáns activos.
Mais información
| ||||||||||
martes, 11 de decembro de 2012
Proxecto de Voluntariado Europeo para maiores de 50 anos
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario