martes, 28 de abril de 2015

Xornadas Insultarte

O CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea) presenta a segunda edición das Xornadas Insultarte, dirixidas polos artistas Vanesa Castro, Iñaki López e Juan Lesta.
Unha proposta de actividades destinada a estudantes e traballadores dos ámbitos da cultura e da creación co obxectivo de orientalos sobre cuestións laborais, fiscais e de xestión.
O programa estrutúrase en tres bloques que inclúen un taller e dúas conferencias formuladas desde unha visión dinámica e actual, onde os asistentes recibirán as claves e as ferramentas necesarias para identificar e aproveitar as oportunidades de emprego do seu sector, coñecer o marco legal do seu traballo e buscar financiamento para os seus proxectos.

Máis info: http://cgac.xunta.es/GL/actividad-detalle/90/insultarte2GAL

Ningún comentario:

Publicar un comentario