xoves, 22 de outubro de 2020

XXXIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

A dotación económica do premio é de 2500 euros. O Concello de Dodro comprométese, ademais, a publicar a obra gañadora dentro do ano 2021, nunha editorial de recoñecido prestixio. As bases para participar neste certame foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, núm. 111, do luns 20 de xullo de 2020, e están dispoñibles para consulta na páxina web municipal: www.dodro.gal. O prazo de presentación das obras candidatas remata o vindeiro 23 de outubro. Posteriormente darase a coñecer públicamente tanto a titularidade da coordinación como as persoas que compoñen o xurado nesta edición. A elección do poemario gañador terá lugar o 21 de novembro e o acto de entrega celebrarase o día 12 de decembro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario