Loterías do Estado e National Geographic Channel convocan as becas Soñadores para estudantes universitarios de derradeiro curso.
O propósito das becas Soñadores é apoiar as iniciativas de mozos interesados e comprometidos coa conservación da natureza en España. Valorarase particularmente naqueles proxectos que mostren a relación entre a conservación e o benestar do mundo.
Requisitos: estudantes, menores de 30 anos, en calquera modalidade das ciencias naturais ou ciencias sociais, que no período académico 2010-2011 cursen o derradeiro curso de licenciatura, grao ou plan de estudos equivalente, ou ben estean matriculados en cursos de posgrao ou máster ou programas de doutorado.
As propostas deben ir avaladas por algunha entidade con personalidade xurídica propia (asociacións, fundacións, centros de investigación, departamentos universitarios, áreas protexidas) que acrediten a súa capacidade para o desenvolvemento do proxecto en caso de ser seleccionado.
Dotación:
1º finalista: 100.000 €. (20.000 para o estudio e formación e 80.000 para a execución do proxecto)
2º finalista: 75.000 €. (15.000 para o estudio e formación e 60.000 para a execución do proxecto)
3º finalista: 50.000 € (10.000 para o estudio e formación e 40.000 para a execución do proxecto)
Os solicitantes deberán presentar unha proposta de proxecto, intervención, estudo, investigación, traballo fin de carreira, traballo fin de máster, memoria de DEA ou tese doutoral, cuxa realización finalice nun prazo de 10 meses dende a decisión do xurado e que estea directamente relacionada coa defensa da fauna, a flora ou biodiversidade, coa conservación dos espazos naturais e ecosistemas ou co fomento da sostenibilidade, en especial en relación destas cuestións co desenvolvemneto social e o benstar humán.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 21 de marzo de 2011.
Mási información en www.becasoñadores.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario