luns, 15 de novembro de 2010

bolsas de colaboración para Diplomados en Turismo

Convocánse catro bolsas de colaboración para Diplomados en Turismo ou ciclo superior en comercialización e Información Turística e a creación dunha lista de reserva por se fose necesaria.
Esta convocatoria ten por obxecto a concesión de catro (4) bolsas de colaboración, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de prácticas en oficinas de información e servizos turísticos do O.A.L. Turismo Rías Baixas durante o periodo comprendido entre o 01 de decembro de 2010 e o 30 de novembro de 2011.

Poderán ser beneficiarios destas bolsas de colaboración aquelas persoas físicas que, tendo capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos:
1. Posuir a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea.
2. Estar en posesión do título de Diplomado en Turismo ou equivalelente ou ciclo Superior en comercialización e Información turística, ou en condicións de obtelo na data en que finalice o prazo de presentación de instancias. A titulación deberá ser, cando menos, obtida no ano 2005 ou con posterioridade a esta data no momento de inicio de presentación de solicitudes.
3. Non ter sido beneficiario dunha bolsa neste organismo por duración superior a un ano.
Estas bolsas figuran cunha dotación económica de 1.200,00 €/mes, importe bruto por beneficiario.
As instancias solicitando tomar parte nesta convocatoria dirixiranse ó Presidente do O.A.L. Turismo Rías Baixas e presentaranse no rexistro deste organismo de luns a venres en horario de 9:00 a 13:00 horas, sito na praza Santa María, s/n, Pontevedra. Poderá facelo mediante fax (986868750), telegrama ou correo electrónico ( administracion.riasbaixas@depo.esEste enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ) no mesmo día.
Máis información: Boletín Oficial da Provincia (BOP), núm. 218, do venres 12 de novembro de 2010. www.depontevedra.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario