luns, 15 de novembro de 2010

Programa "Invernízate con nós"

Xa está aberto o prazo para anotarte ao programa de actividades de lecer e tempo libre no medio natural orientado á mocidade que organiza a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Este programa de lecer e tempo libre no medio natural está orientado á mocidade e se desenvolverá durante as fins de semana de outono e inverno a partir do vindeiro día 19 de Novembro.

Os mozos e mozas de entre 18 e 35 anos poderedes gozar da práctica de BTT, tiro con arco, corda tirolesa, iniciación ao rapell, orientación, xogos tradicionais, dinámica de grupos, recoñecemento de estrelas, orientación nocturna, rutas de sendeirismo, obradoiros de recoñecemento fotográfico da paisaxe e de construcións, entre outras actividades.

Os posuidores do carné xove obteredes un 25 por cento de desconto no prezo da praza, que será de 75 euros e que incluirá o aloxamento no albergue xuvenil de Gandarío; manutención completa durante a estadía, de tres días e dúas noites; o material preciso para desenvolver as actividades e o asesoramento dun monitor.

Pola súa banda, os participantes do ‘Invernízate con nós’ deberán levar útiles de aseo, roupa e zapatillas deportivas, prendas de abrigo e de protección fronte a chuvia, ademais de calzado forte e cómodo. Tamén terán que desprazarse ate o albergue de Gandarío polos seus propios medios e aceptar todas as condicións esixidas na folla de inscrición.

Os interesados en participar deberán cubrir a solicitude que atoparán na páxina web www.xuventude.net e que haberán de entregar nas oficinas municipais de información xuvenil (OMIX) dos seus concellos xunto a unha fotocopia do DNI. No caso de que as súas entidades locais carezan deste servizo poderán remitir a súa petición á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Para máis información podedes consultar ca Omix de Boiro.

Centro Social de Boiro
981842635

Ningún comentario:

Publicar un comentario