A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca o encontro de músicos “Airiños de Rock & Roll”, un concurso no que dúas bandas terán a posibilidade de tocar en directo no Coliseum da Coruña o 26 marzo acompañando a DEF CON DOS e O’FUNK’ILLO.
Ademáis tódolos membros dos grupos que se inscriban poderán conseguir invitacións para acudir ao concerto e mais ao encontro de músicos, no que haberá unha Master Class impartida polo baixista PEPE BAO (para conseguir as invitacións consultar as bases).
O prazo de inscrición ábrese o 18 de xaneiro e a recepción de inscricións remata o día 18 de febreiro de dous mil once.
Inscríbete e baixa as bases en www.xuventude.net
Ningún comentario:
Publicar un comentario