mércores, 16 de febreiro de 2011

Axudas para Programa de Inmersión Lingüística en colonias de vacacións verán de 2011

O Ministerio de Educación convoca, en réxime de concorrencia competitiva, 2.200 axudas para a participación nunha das colonias de dúas semanas de duración, organizadas polo Ministerio de Educación durante o mes de agosto de 2011.

Estas axudas distribúense á súa vez en dous grupos: Primeiro e segundo, de acordo cos requisitos que para cada un deles se establecen no apartado seguinte:
1.320 axudas de ata 476 € para o grupo primeiro.
880 axudas de ata 326 € para o grupo segundo.

Requisitos xerais que deberán cumprir todos os solicitantes
a) Poderá optar a estas axudas o alumnado que no presente curso 2010/2011 estea matriculado en centros sostidos con fondos públicos, nalgún dos cursos mencionados a continuación:
Quinto curso de Ensino Primario.
Sexto curso de Ensino Primario.
Primeiro curso de Ensino Secundario Obrigatorio.
b) A idade dos/ás participantes non poderá superar os 13 anos a data 31 de decembro de 2011.
- Os solicitantes que a data 31 de decembro de 2010 se encontren nalgunha das seguintes circunstancias, integrarán o denominado grupo primeiro, ao que se fai referencia o principio:
a) Orfandade absoluta do/da solicitante.
b) Pertencer a familias nas que algún membro estea afectado de minusvalía legalmente cualificada (en grao superior ao 65% para pai/nai/irmáns/ás do/da solicitante e superior ao 33% no caso de que a padeza o/a propio/a solicitante).
c) Pertencer a familias cuxo sustentador principal se encontre en situación legal de desemprego ou teña recoñecida a incapacidade permanente absoluta.
d) Pertencer a familia numerosa.
e) Pertencer a familia monoparental, cuxo sustentador principal sexa viúvo/a, pai ou nai en estado solteiro ou de divorcio, separación legal ou de feito.
- Os solicitantes que, reunindo os requisitos xerais, non se encontren en ningunha das circunstancias do apartado anterior formarán parte do denominado grupo segundo da convocatoria. Poderá incrementarse o número de axudas nun dos grupos se existise un exceso de solicitudes e para o outro grupo non se tivesen presentado suficientes.

Contía das axudas

1. A contía das axudas a que se refire a presente Resolución, se aboará directamente ás empresas que resulten adxudicatarias do concurso público convocado ao efecto e serán financiadas polo Ministerio de Educación.

2. A adxudicación dunha axuda dará lugar á asignación automática dunha praza para participar na actividade.
3. Non obstante o anterior, para completar o prezo total do programa, os beneficiarios pertencentes ao primeiro grupo aboarán 50 euros á empresa que resulte adxudicataria do procedemento aberto. No caso de que pertenzan ao segundo grupo a cantidade a aboar será de 200 euros.

Presentación de solicitudes
Os que desexen obter unha das axudas deberán cumprir en todos os seus apartados o modelo de solicitude cos datos do alumno solicitante, que figura na páxina Web: www.educacion.es a través dos seguintes enlaces: «Educacion/ Bolsas e Axudas/ Bolsas e axudas para estudar/ Para estudar Idiomas/ Colonias de verán en inglés».

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o día 7 de marzo de 2011.

Información

BOE do 10 de febreiro de 2011. http://www.boe.es/boe/dias/2011/02/10/

Ningún comentario:

Publicar un comentario