xoves, 10 de febreiro de 2011

Bolsas para estudios artisticos

A Deputación da Coruña convoca 18 bolsas para o perfeccionamento de estudos artísticos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia durante o período 2011-2012, distribuídas nas seguintes áreas:

Área de artes plásticas: 3 bolsas
Área de danza: 2 bolsas
Área de interpretación: 4 bolsas
Área de música: 6 bolsas
Área de imaxe: 3 bolsas
Poderán participar nesta convocatoria todas as persoas que residan na provincia da Coruña e que pretendan realizar estudos de perfeccionamento artístico fóra de Galicia, para o que deberán reunir os seguintes requisitos:
Ter nacido a partir do día 1 de xaneiro de 1981 (incluído éste)
Acreditar a residencia en calquera concello da provincia da Coruña.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o día 15 de marzo de 2011.
Máis información no BOP da Coruña do 2 de febreiro de 2011 e en www.dicoruna.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario