Esta formación realizada polo CXG ten o obxectivo de dotar de coñecementos e estratexias a persoa moza para acadar o máximo grao de eficiencia no desenvolvemento da súa vida asociativa. O curso está dividido en seis módulos: xestión de tempos, xestión de actividades, xestión da vida asociativa, xestión de subvencións e xestión contable. Cada un destes módulos ten unha duración de 8 horas lectivas impartidas en dúas sesións de 4 horas.
Esta formación realizarase mediante teleformación aproveitando a rede de telecentros que dispón o Centro Multimedia de Galicia . Os telecentros dende onde se pode asistir son: Abegondo, Ferrol, Lugo, Marín, Vigo, Vimianzo e Xinzo da Limia. Esta actividade iníciase o venres 4 de marzo . A actividade é gratuíta e o prazo de inscrición remata o luns 1 de marzo .
Para inscribirse só cómpre enviar un correo electrónico ao seguinte enderezo: info@cxg.org
Se queredes solicitar máis información
CONSELLO DA XUVENTUDE DE GALICIA
R/ Doutor Teixeiro nº 26- baixo
Teléfono: 981 569 560 / 902 157 527Fax: 981 563 488
Email: info@cxg.orghttp://www.cxg.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario