O programa organizado pola Xunta de Galicia ten por finalidade promover o termalismo e o ocio entre a mocidade con estancias de fins de semana durante o mes de marzo (agás a fin de semana do 18 ao 20 de marzo) e as fins de semana do 1 ao 3 e 8 a 10 de abril, e inclúe dúas noites de estancia (venres e sábado) en cuarto dobre, uso dobre, réxime de media pensión (cea) con dous tratamentos específicos (un o sábado e outro o domingo).
Na iniciativa participan oito establecemento situados en oito concellos galegos. En total haberá 500 prazas dispoñibles durante cinco fins de semana. Os prezos de aloxamento, tratamentos específicos e demais actividades son un 50% máis baratos que si se contratan fora do programa.
O prazo de inscrición comeza o día 14 de febreiro. A reserva de praza e inscrición será a través de chamada telefónica aos números de teléfono 981 545822, 981541689, 981545937 ou 981 545702, de luns a venres en horario de 09:00 a 14:30 horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario