venres, 18 de marzo de 2011

plan de formación da dirección xeral de xuventude

Á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado correspóndelle, entre as súas funcións, a promoción e organización das actuacións en materia de xuventude e voluntariado, e correspóndelle organizar cursos de educación non formal que afondarán na capacitación das persoas que traballan no ámbito da xuventude e voluntariado, co obxecto de que obteñan unha formación continua que lles permita organizar e xestionar os servizos que ofrecen á mocidade e ás entidades de voluntariado.

O plan de formación divídese en 3 ámbitos: Tempo Libre, Rede Galega de Información Xuvenil, e Voluntariado

Podedes consultar toda a información na web www.xuventude.net, no apartado de Ensino e Bolsas

Ningún comentario:

Publicar un comentario