luns, 11 de abril de 2011

Procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral

Este procedemento vailles ofrecer unha oportunidade ás persoas non vinculadas aos sistemas educativos, que aprenderon a través da práctica profesional ou a través de cursos de formación non formal , para que poidan demostrar os seus coñecementos e capacidades, mediante un

proceso de asesoramento e avaliación, no que se comprobará a súa competencia profesional en relación coas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

No caso de que superen esta avaliación, poderán obter unha acreditación oficial, con validez nacional, que terá os correspondentes efectos profesionais e/ou académicos. Expedirase unha acreditación parcial acumulable por cada unha das unidades de competencia superadas, que poderán ser validadas polos correspondentes módulos da formación profesional para o emprego

(desempregados e ocupados) ou polos correspondentes módulos da FP inicial, podendo chegar a obter un certificado de profesionalidade nunha ocupación ou parte dun título de técnico/a ou técnico/a superior de FP.

INFORMACIÓN e ORIENTACIÓN xeral sobre o procedemento: fases, requisitos, documentación, calendarios, sedes, etc.

Nesta convocatoria os puntos de información na Consellería de Traballo e Benestar serán:

• Nas Oficinas de emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia.

• Nos Centros propios de Formación Profesional Ocupacional da Consellería de Traballo

e Benestar.

• Na Fundación Galega da Formación para o Traballo.

• Na páxina web da Consellería de Traballo: http://traballoebenestar.xunta.es

• No Instituto Galego das Cualificacións, tel.: 981 546 840.

O prazo para inscribirse remata o día 27 de abril de 2011.

Ningún comentario:

Publicar un comentario