venres, 20 de maio de 2011

Bolsas de cooperacion

O Instituto da Xuventude (INJUVE), coa colaboración do Servizo Público de Emprego Estatal (SPEE) e da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), pon en marcha a XXII edición do programa Mozos cooperantes para 2011-2012.

O programa "Mozos cooperantes" ten como obxectivo a incorporación de mozos españois de ata 30 anos á cooperación oficial ao desenvolvemento.
Con este fin, o Instituto da Xuventude formalizará cos mozos seleccionados un contrato laboral de 9 meses de duración (do 1 de outubro de 2011 ao 30 de xuño de 2012).
O obxecto do devandito contrato será o desempeño de tarefas no marco dun proxecto de cooperación para o desenvolvemento nalgún dos países nos que España, realiza este tipo de actuacións a través da AECID.
Os ámbitos de actuación dos proxectos cobren varios sectores: educación, marxinación, microempresas, medioambiente, mellora do hábitat, gobernabilidade e estabilidade institucional, protección dos dereitos humanos, desenvolvemento rural integral, restauración do patrimonio histórico, sector agropecuario, etc.

Requisitos para participar
Posuír a nacionalidade española ou estar a residir legalmente en España.
Non ter cumprido os 30 anos de idade antes do 1 de outubro de 2011.
Estar inscrito como demandante de emprego nas oficinas dos servizos públicos de emprego estatal ou das comunidades autónomas.

Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións (expedida por unha universidade española ou título homologado):
Licenciaturas: Antropoloxía, Arquitectura, Bioloxía, CC. Ambientais, CC. da Educación, CC. Políticas, Dereito, Económicas, Xeografía, Historia, Historia da Arte, Ing. Agrónomo, Periodismo, Psicoloxía, Psicopedagoxía, Publicidade e Relacións Públicas e Socioloxía.
Diplomaturas: Arquitecto Técnico, CC. Empresariais, Educación Social, Traballo Social, Turismo, Enxeñaría Técnica Agrícola, Enxeñaría Técnica de OO. PP.

Para máis información:
Instituto da Xuventude
José Ortega e Gasset, 71.
28006 Madrid
Teléfono: 91 363 76 50 / 47
Fax: 91 363 76 10
alatina@injuve.esEste enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
www.injuve.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario