martes, 19 de xullo de 2011

Obradoiros de iniciación ao Turntablism (DJ) e Breakdance avanzado na Casa da Xuventude de Noia

O vindeiro fin de semana impartirase na Casa da Xuventude de Noia dous obradoiros de Breakdance avanzado e iniciación ao Turntablism (DJ). O obradoiro de Breakdance realizarase o venres 22 en horario de de 18.00 a 20.00 h. a cargo de Bboy Niko, integrante dos grupos “Black Shadows” e “Flava Brothers Clan”. O obradoiro de Turntablism/DJ estará dirixido por DJ Kro do grupo “SOY” e realizarase o sábado 23 en horario de 18.00 a 20.00 h.
Para máis información dirixirse á Casa da Xuventude de Noia ou no teléfono 981823802 e correo electrónico cxnoia.traballo@xunta.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario