luns, 1 de agosto de 2011

CURSO DE FORMADORES NA INTERVENCIÓN E PREVENCIÓN DE CONSUMOS

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado a través dos Centros Quérote+ convoca un curso de Formación de Formadores na intervención na prevención de consumos.

Destinatarios/as:

Persoal de Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, así como universitarios/as.

Nº de horas: 20

Nº de edicións: 4 (Santiago de Compostela, Ferrol, Ourense e Vigo

Nº de prazas: 20 en cada unha das edicións

CONTIDOS:

  • Presentación dos Servizos dos Centros Quérote+.
  • Conceptos Xerais
  • Factores predispoñentes
  • Intervención no ocio e tempo de lecer para a prevención de consumos
  • Traballando, creación de recursos

Lugares de impartición:

  • Santiago: Centro Quérote+. Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil
  • Ferrol: Centro Quérote+ Ferrol
  • Ourense: Centro Quérote+. Espazo Xove Casa da Xuventude de Ourense
  • Vigo: Centro Quérote+ de Vigo

Modalidade: semipresencial: 16 horas presenciais, 4 a distancia

Prazo de inscrición: ata o 26 de agosto.

Data de realización: 5, 6 e 7 de setembro de 2.011.

Mais información: 881.997.613 ou na web www.xuventude.net

Ningún comentario:

Publicar un comentario