xoves, 29 de setembro de 2011

Bolsas en investigacion social aplicada

O Centro de Investigacións Sociolóxicas convoca 7 bolsas destinadas a titulados superiores universitarios, para a formación de postgraduados nos métodos e técnicas utilizados na investigación social aplicada.
Requisitos: título graduado ou licenciado.
Os aspirantes á obtención desta bolsa deberán acreditar unha cualificación media final igual ou superior a un 1,8 (segundo o baremo de 1 a 4).
O desfrute das bolsas comezará en xaneiro de 2012 e concluirá en decembro de 2012.
A contía individual da bolsa será de 12.190 € anuais.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 13 de outubro de 2011.
Máis información no BOE do 29 de setembro de 2011 e en www.cis.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario